Lights & Motion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lights & Motion
OrixeGotemburgo, Suecia Suecia
Período2012 - presente
Xénero(s)post-rock, rock alternativo, ambient, shoegazing, dream pop
Selo(s) discográfico(s)Deep Elm Records
MembrosChristoffer Franzén
Na rede
Facebook: lightsandmotion Twitter: lightsandmotion Instagram: lightsandmotion Youtube: UClp-LqSfWNYai657fiinc8Q Bandcamp: lightsandmotionSouncloud: lightsandmotion Spotify: 3ff1CmU6qfTqRAmdrq8EEG Last fm: Lights+&+Motion Musicbrainz: 9ce4b4f8-5801-4c95-a471-dcea403712c7 Discogs: 3179719 Allmusic: mn0003178567 Genius: Lights-and-motion Editar o valor em Wikidata

Lights & Motion é unha banda sueca de post-rock cinematográfico fundada en Gotemburgo en 2012 por Christoffer Franzén. O proxecto xurdiu tras un longo período de insomnio,[1] cando Christoffer decidiu pasar as noites nun estudio compoñendo música.

A banda leva publicados catro álbums de estudio, Reanimation, Save Your Heart, Chronicle e Dear Avalanche, todos eles editados a través do selo independente estadounidense Deep Elm Records.[2] A súa música ten sido usada en varios trailers de películas, anuncios e programas de televisión, aparecendo dende os Oscars ata a Super Bowl. No ano 2015 Apple utilizou a música da banda para a súa campaña global de iTunes "Latest Films. Anywhere, Anytime".

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Reanimation 2013 Deep Elm Records
Save Your Heart 2013 Deep Elm Records
Chronicle 2015 Deep Elm Records
Dear Avalanche 2017 Deep Elm Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stereofox (ed.). "Entrevista a Christoffer Franzen" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2017. Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  2. Deep Elm Records (ed.). "Lights & Motion en Deep Elm Records". Consultado o 25 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]