Leptotrombidium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leptotrombidium
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Arachnida
Subclase: Acari
Orde: Trombidiformes
Familia: Trombiculidae
Subfamilia: Trombiculinae
Xénero: ''Leptotrombidium''
Nagayo et al., 1916

Leptotrombidium é un xénero de ácaros asiático da familia Trombiculidae, que funciona como reservorio e vector para a transmisión por medio da súa picadura da bacteria Orientia tsutsugamushi (antes chamada Rickettsia tsutsugamushi), a cal produce a febre tsutsugamushi.[1] A forma larvaria deste ácaro parasita aos roedores, pero tamén ocasionalmente aos humanos e outros grandes mamíferos, e é a única fase vital do parasito na que este pode transmitir a doenza. Están relacionados co xénero Trombicula, que é da mesma familia, e vive en Europa e Norteamérica.

Pensábase orixinalmente que os roedores eran o principal reservorio natural de O. tsutsugamushi e que os ácaros simplemente funcionaban como vectores da infección, é dicir, que os ácaros limitábanse a transmitir a infección desde os roedores aos humanos.[2][3] Pero hoxe sabemos que estes ácaros só se alimentan durante un período da súa vida nun só hóspede, o cal significa que a transmisión de roedor a home por medio dos ácaros é imposible (para iso o ácaro tería que alimentarse primero no roedor infectado e despois outra vez no home, cousa que non fai: só se alimenta nun deles).[4] En realidade, o que ocorre é que a bacteria persiste nos ácaros por medio dunha transmisión transovárica, a través dos ovos,[5][6][7] por medio dos cales os ácaros adultos transmiten a infección á súa futura descendencia. Os ácaros Leptotrombidium son, por tanto, tanto un vector de transmisión coma un reservorio da bacteria O. tsutsugamushi.[4] A infección afecta predominantemene ás femias do ácaro,[8] e non parece que afecte negativamente ao animal.

Ciclo de vida[editar | editar a fonte]

A larva ten unha cor laranxa pálida e aliméntase de tecido epitelial licuado, pero non de sangue, xa que as súas pezas bucais (quelíceros) son demasiado curtas para chegar aos vasos sanguíneos subcutáneos.[9] Teñen tres pares de patas (de adulto terá os 4 pares de patas que corresponden a un arácnido). As larvas normalmente parasitan a roedores mais tamén a humanos.[4] Para os humanos a súa picadura é indolora, e a dor só se produce normalmente cando a larva se despega da pel, deixando unha pápula vermella no lugar da picadura, que pode orixinar unha escara.[10]

Os estados larvarios duran de 1 a 2 semanas. Despois da alimentarse, a larva cae ao chan e transfórmase en ninfa. A ninfa ten cor vermello ladrillo e 4 pares de patas (típico dun arácnido). O estadio ninfal dura de 1 a 3 semanas. As ninfas maduran a adultos, que teñen catro pares de patas, e o primeiro par é o máis longo. Os adultos son inofensivos para os humanos. No estadio poslarvario, non son parasitos e aliméntanse de material vexetal.[11] As femias poñen ovos dun nun, que eclosionan nunha semana. A media de vida dun adulto é de 6 meses.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Scrub typhus (tsutsugamushi disease) in Japan, 1996–2000". Byogen Biseibutsu Kenshutsu Joho Geppo 22: 211–212. 2001. http://idsc.nih.go.jp/iasr/22/259/tpc259.html.
  2. Philip CB (1948). "Tsutsugamushi disease (scrub typhus) in World War II". J Parasitol 34 (3): 169–191. DOI:10.2307/3273264. JSTOR 3273264.
  3. Fox JP (1948). "The long persistence of Rickettsia orientalis in the blood and tissues of infected animals". J Immunol 59 (2): 109–114. http://www.jimmunol.org/cgi/content/abstract/59/2/109.
  4. 4,0 4,1 4,2 Pham XD, Suzuki H, Takaoka H (2001). "Distribution of unengorged larvae of Leptotrombidium pallidum and other species in and around the rodent nest holes". Southeast Asian J Trop Med Public Health 32 (3): 553–57. PMID 11944716.
  5. Walker JS, Chan CT, Manikumaran C, Elisberg BL (1975). "Attempts to infect and demonstrate transovarial transmission of R. tsutsugamushi in three species of Leptotrombidium mites". Ann NY Acad Sci 266: 80–90. DOI:10.1111/j.1749-6632.1975.tb35090.x.
  6. Takahashi M, Murata M, Nogami S, Hori E, Kawamura A, Tanaka H (1988). "Transovarial transmission of Rickettsia tsutsugamushi in Leptotrombidium pallidum successively reared in the laboratory". Jpn J Exp Med 58: 213–218.
  7. Frances SP, Watcharapichat P, Phulsuksombati D (2001). "Vertical transmission of Orientia tsutsugamushi in two lines of naturally infected Leptotrombidium deliense (Acari: Trombiculidae)". J Med Entomol 38 (1): 17–21. DOI:10.1603/0022-2585-38.1.17. PMID 11268685.
  8. Roberts LW, Rapmund G, Gadigan FG (1977). "Sex ratios in Rickettsia tsutsugamushi-infected and noninfected colonies of Leptotrombidium (Acari: Trombiculidae)". J Med Entomol 14 (1): 89–92.
  9. Roberts LW, Robinson DM, Rapmund G, et al. (1975). "Distribution of Rickettsia tsutsugamushi in organs of Leptotrombidium (Leptotrombidium) fletcheri (Prostigmata: Trombiculidae)". J Med Entomol 12 (3): 345–348. http://www.ingentaconnect.com/content/esa/jme/1975/00000012/00000003/art00015.
  10. Kitaoka M, Asanuma K, Otsuji J (1974). "Transmission of Rickettsia orientalis to man by Leptotrombidium akamushi at a scrub typhus endemic area in Akita Prefecture, Japan". Am J Trop Med Hyg 23 (5): 993–9. PMID 4451238.
  11. Takahashi M, Misumi H, Urakami H, et al. (2003). "Life cycle of Leptotrombidium pallidum (Acari: Trombiculidae), one of the vector mites of scrub typhus in Japan". Ohara Sogo Byoin Nenpo 45: 19–30.
  12. Wang S, Jiang P, Huang J, et al. (2001). "Demonstration of the natural foci of tsutsugamushi disease in Nan Peng Lie Islands in China". The Southeast Asian journal of tropical medicine and public health 32 (3): 541–46. PMID 11944714. http://www.tm.mahidol.ac.th/seameo/2001_32_3/18-2636.pdf.
  13. Frances SP, Watcharapichat P, Phulsuksombati D, Tanskul P, Linthicum KJ (1999). "Seasonal occurrence of Leptotrombidium deliense (Acari: Trombiculidae) attached to sentinel rodents in an orchard near Bangkok, Thailand". J Med Entomol 36 (6): 869–874. PMID 10593093.
  14. Odorico DM, Graves SR, Currie B, et al. (1998). "New Orientia tsutsugamushi strain from scrub typhus in Australia". Emerg Infect Dis 4 (4): 641–4. DOI:10.3201/eid0404.980416. PMC 2640248. PMID 9866742. http://www.cdc.gov/ncidod/eid/vol4no4/odorico.htm.
  15. 15,0 15,1 Kawamori F, Akiyama M, Sugieda M, et al. (1992). "Epidemiology of Tsutsugamushi disease in relation to the serotypes of Rickettsia tsutsugamushi isolated from patients, field mice, and unfed chiggers on the eastern slope of Mount Fuji, Shizuoka Prefecture, Japan". J Clin Microbiol 30 (11): 2842–2846. PMC 270539. PMID 1452653. http://jcm.asm.org/cgi/content/abstract/30/11/2842.