Orientia tsutsugamushi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orientia

Orientia tsutsugamushi
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rickettsiales
Familia: Rickettsiaceae
Xénero: Orientia
Especie: 'O. tsutsugamushi'
Nome binomial
'Orientia tsutsugamushi'
(Hayashi 1920) Tamura et al. 1995

Orientia tsutsugamushi (do xaponés tsutsuga "doenza" e mushi "insecto, carracha") é unha especie bacteriana da familia das Rickettsiaceae causante da febre tstsugamushi[1] transmitida polos ácaros trombicúlidos do xénero Leptotrombidium.[2][3] A especie antes recibía o nome de Rickettsia tsutsugamishi, pero foi reclasificada. O organismo é un parasito intracelular obrigado, que necesita infectar células eucarióticas para poder rproducirse. A súa envoltura é similar á dunha bacteria gramnegativa, pero non se tingue doadamente coa tinguidura de Gram e prefírese a tinguidura de Giménez (fucsina, fenol, etanol, verde malaquita)[4] .

Serotipos[editar | editar a fonte]

Describíronse moitos serotipos desta especie, entre os que están: o serotipo Karp (que é o que aparece en aproximadamente o 50% de todas as infeccións),[3] Gilliam (25%),[3] o Kato (menos do 10%),[3] e o Kawasaki,[5] pero existe unha enorme variabilidade, e só nun campo de Malaisia recolléronse oito serotipos,[6] e infórmase decote do descubrimento de moitos máis serotipos.[7][8][9] Os métodos xenéticos revelaron aínda unha maior complexidade da que previamente se describira (por exemplo, o tipo Gilliam foi dividido no tipo Gilliam e tipos JG). A infección cun serotipo non confire inmunidade para outros serotipos (non hai inmunidade cruzada). Por tanto, son posibles as infeccións repetidas no mesmo individuo, e isto complica moito o deseño dunha vacina.

Microbioloxía[editar | editar a fonte]

A bacteria foi inicialmente clasificada no xénero Rickettsia,[1] pero agora clasifícase no xénero Orientia, do cal é a súa única especie. Esta reclasificación debeuse ás diferenzas na composición e estrutura da súa parede con Rickettsia e na seroloxía e estudos xenéticos.[10]

Ten 0,5 µm de largo e de 1,2 a 3,0 µm de longo, e é un organismo intracelular obrigado, que pode cultivarse en liñas de cultivo celular, e tamén foi cultivado en ovo embrionado. O organismo é moi virulento e debe manipularse en labortorios que teñan instalacións cun nivel 3 de bioseguridade.[11]

Tratamento[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Febre tsutsugamushi.

Produce a febre tsutsugamushi, tamén chamada febre fluvial xaponesa ou tsutsugamushi. O. tsutsugamushi é sensible in vitro á doxiciclina, rifampicina e azitromicina. É resistente de forma innata a todos os antibióticos β-lactámicos como a penicilina, porque carece de parede de peptidoglicano.[12] Os aminoglicósidos como por exemplo a xentamicina non son tampouco efectivos nas infeccións humanas, porque o organismo é intracelular, e os aminoglicósidos non penetran dentro da célula.

Vacina[editar | editar a fonte]

Non hai ningunha vacina contra o tsutsugamushi. Sábese que hai unha enorme variación antixénica nas cepas de O. tsutsugamushi, e unha cepa non proporciona inmunidade contra outra. Unha vacina contra esta enfermidade debería proporcionar protección contra todas as cepas presentes nunha área, para poder ter un nivel aceptable de protección. Unha vacina desenvolvida para unha área podería non proporcionar protección noutra localidade, e mesmo nunha área pode haber varias cepas. Todo isto complica os esforzos para elaborar unha vacina viable.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Watt G, Parola P (2003). "Scrub typhus and tropical rickettsioses". Curr Opin Infect Dis 16 (5): 429–36. PMID 14501995. doi:10.1097/00001432-200310000-00009. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 25 de xullo de 2013. 
  2. Traub R, Wisseman CL Jr (1974). "The ecology of chigger-borne rickettsiosis (scrub typhus)". J Med Entomol 11 (3): 237–303. PMID 4212400. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Kelly DJ, Fuerst PA, Ching W-M, Richards AL (2009). "Scrub typhus: The geographic distribution of phenotypic and genotypic variants of Orientia tsutsugamushi". Clin Infect Dis 48 (s3): S203–30. PMID 19220144. doi:10.1086/596576. 
  4. D.F. Gimenez. "Staining Rickettsiae in yolksack cultures". Stain Technol 39:135–40 (1964).
  5. Yamamoto S, Kawabata N, Tamura A; et al. (1986). "Immunological properties of Rickettsia tsutsugamushi, Kawasaki strain, isolated from a patient in Kyushu". Microbiol Immunol 30 (7): 611–20. PMID 3095612. 
  6. Shirai A, Tanskul PL, Andre, RG; et al. (1981). "Rickettsia tsutsugamushi strains found in chiggers collected in Thailand". Southeast Asian J Trop Med Public Health 12 (1): 1–6. PMID 6789455. 
  7. Kang JS, Chang WH (1999). "Antigenic relationship among the eight prototype and new serotype strains of Orientia tsutsugamushi revealed by monoclonal antibodies". Microbiol Immunol 43 (3): 229–34. PMID 10338191. 
  8. Bakshi D, Singhal P, Mahajan SK, Subramaniam P, Tuteja U, Batra HV (2007). "Development of a real-time PCR assay for the diagnosis of scrub typhus cases in India and evidence of the prevalence of new genotype of O. tsutsugamushi". Acta Trop 104 (1): 63–71. PMID 17870041. doi:10.1016/j.actatropica.2007.07.013. 
  9. Parola P, Blacksell SD, Phetsouvanh R; et al. (2008). "Genotyping of Orientia tsutsugamushi from Humans with Scrub Typhus, Laos". Emerg Infect Dis 14 (9): 1483–1485. PMC 2603112. PMID 18760027. doi:10.3201/eid1409.071259. 
  10. Tamura A, Ohashi N, Urakami H, Miyamura S (1995). "Classification of Rickettsia tsutsugamushi in a new genus, Orientia gen. nov., as Orientia tsutsugamushi comb. nov". Int J Syst Bacteriol 45 (3): 589–591. PMID 8590688. doi:10.1099/00207713-45-3-589. 
  11. Centers for Disease Control and Prevention (1999). "Section VII-E: Rickettsial Agents". Biosafety in Microbiological and Biomedical Laboratories (BMBL) (4th ed.). Washington DC: U.S. Government Printing Office. pp. 149–53. Consultado o 13 Mar 2009. 
  12. Amano K, Tamura A, Ohashi N, Urakami H, Kaya S, Fukushi K (1987). "Deficiency of peptidoglycan and lipopolysaccharide components in Rickettsia tsutsugamushi". Infect Immun 55 (9): 2290–2292. PMC 260693. PMID 3114150.