Leopold Berchtold

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bundesarchiv Bild 183-2004-1110-500, Leopold Graf Berchtold.jpg
Leopold Berchtold

Leopold Anton Johann Sigismund Josef Korsinus Ferdinand Berchtold (18 de abril de 186321 de novembro de 1942) foi un político austro-húngaro, exercía de ministro de asuntos exteriores ó estalar a Primeira Guerra Mundial.

Un dos homes máis ricos do Imperio, posuía terras en Hungría e Moravia. En 1893 entrou no corpo diplomático, estivo destinado en Londres e París e en 1907 recibiu o nomeamento como embaixador en Rusia ata 1912 ó ser nomeado ministro de Asuntos Exteriores austrohúngaro.

Durante as guerras dos Balcáns de 1912-1913 evaluou a hipótese de entrar en guerra contra Serbia, o que finalmente non se realizou. Co asasinato do arquiduque Francisco Fernando a mans de nacionalistas serbios de Bosnia o 28 de xuño de 1914, Berchtold viu unha oportunidade para humillar a Serbia, presionando para unha invasión inmediata de Serbia, sen unha declaración previa de guerra, pero contou coa oposición do primeiro ministro húngaro, Istvan Tisza, partidario dunha solución diplomática.

Berchtold convenceu ó emmperador para enviarlle un ultimato inaceptable a Serbia o 23 de xullo, rexeita a resposta e persuadiu ó emperador para declararlle a guerra o 28 de xullo. Enfrontado cos outros membros do goberno a causa da súa postura de cederlle a Italia o Trentino a cambio da súa neutralidade tivo que renunciar ás súas funcións o 13 de xaneiro de 1915, substituído polo barón Istvan Burian.

Berchtold retirouse da vida pública e vivindo nas súas posesións en Hungría.


Biografía[editar | editar a fonte]

  • Hantsch, Hugo. Leopold Graf Berchtold: Grandseigneur und Staatsmann. Graz [Austria]: Verlag Styria, 1963.