Leo Bassi
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leo Bassi, nado en Nova York en 1952, é un actor e cómico italiano.
Traxectoria[editar]
Procede dunha familia italiana e británica dedicada durante seis xeracións á actividade circense. Debutou no circo aos 7 anos. Aos 24 abandonou o espectáculo familiar para desenvolver a súa carreira en solitario como actor cómico, animador e axitador cultural. Caracterizouse por un estilo provocador con críticas á dereita política ou a relixión (especialmente á Igrexa Católica).
Traballou como actor en obras teatrais e películas, como presentador de eventos, e tamén interveu en televisión.