Apertador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wonderbra.

Un apertador, axustador ou suxeitador, é unha peza de roupa interior feminina que serve para soster os peitos e darlles forma[1].

Despois dos antigos 'mamillare' latinos ou 'apodésmos' gregos, e a partir destes, na historia vese o desenvolvemento do sistema de sostén. Patentes incluídas, como a da norteamericana Elisabeth Adams, que no 1825 obtivo unha patente de suxeitador, ou a francesa Herminie Cadolle, que patentou en 1889 un modelo que diferenciaba o corsé e usaba asentamentos anatómicos separados para os dous seos. Non só o inventou, senón que o comercializou, durando a casa comercial ata os nosos días, impulsada por outras incorporacións novedosas dela e outras mulleres da súa familia.

Pouco máis tarde, en 1914 e nos EUA, Caresse Crosby patentou un sostén máis lixeiro, basicamente dous panos unidos por unha cinta, xa sen relación algunha cun corpiño.

No 1956, Marie Rose Lebigot deu un paso máis, o inventar o chamado 'balconnet', apertador sen tirantes pero con baleas verticais flexibles.

Non todas as novidades inventivas acreditadas desta peza de roupa foron de autoría feminina, como a armadura metálica, pero parece lóxico supor que multitude de melloras neste e noutros temas relacionados coa vida diaria das mulleres si o foron.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición e sinónimos da Real Academia Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]