Len Bias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Len Bias
Posición Aleiro
Dorsal 34
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Nacemento 18 de novembro de 1963
Landover, Maryland
Morte 19 de xuño de 1986 (22 anos)
College Park, Maryland
Carreira
Universidade Maryland
NBA Draft 1986 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Boston Celtics
Tempadas -–-
Equipo(s)
-
Estatísticas (NBA)
Puntos     -
Rebotes     -
Asistencias     -
Premios
  • 1× ACC Men's Basketball Player of the Year (1986)

Leonard Kevin Bias, nado o 18 de novembro de 1963 en Landover (Maryland) e finado o 19 de xuño de 1986 en College Park, Maryland foi un xogador de baloncesto universitario que sufriu unha fatal arritmia cardíaca que causou a súa morte, provocada por unha sobredose de cocaína menos de 48 horas despois de ser elixido polos Boston Celtics no segundo lugar do draft de 1986 tras Brad Daugherty, seleccionado co número un polos Cleveland Cavaliers. Bias era coñecido pola súa familia, amigos e compañeiros de equipo como Len ou Lenny.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende Landover, Maryland, Bias acudiu ao Insituto Northwestern en Hyattsville, Maryland, e posteriormente á Universidade de Maryland, onde se converteu no xogador estrela e en All-American. Vestindo o número 34 na súa camiseta impresionou aos seguidores do baloncesto pola súa potencia física e a súa habilidade para crear as súas propias xogadas. Durante a súa carreira universitaria Bias foi considerado un dos xogadores máis dinámicos.

Bias foi considerado por bastantes publicacións como «o aleiro máis completo que xamais saíra da universidade». Bias foi un dos primeiros, se non o primeiro xogador, en ser comparado con Michael Jordan[1], aínda que o propio Jordan fora drafteado soamente dous anos antes que Bias.

Bias faleceu nun dormitorio do campus do College Park, na Universidade de Maryland. Posteriormente a súa morte foi utilizada como parte dunha campaña antidrogas. A corte do distrito e a corte de apelacións ditaron que Bias era drogadicto habitual.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]