Lemmings
| Lemmings | |
|---|---|
| Distribuidora(s): | Psygnosis. |
| Data(s) de lanzamento: | 1991.[1] |
| Clasificación(s): | PEGI: |
| Controis: | Rato. |
Lemmings é un videoxogo programado orixinariamente para a computadora Commodore Amiga, diseñado por DMA Design e publicado por Psygnosis no ano 1991 e que tivo versións en PC, así como en videoconsolas como NES, SNES, Master System, Mega Drive, Game Boy, PlayStation ou PSP.
Índice |
Características[editar]
O xogo situase entre o puzzle e a estratexia en tempo real, e consiste en controlar unhas unidades (os lemmings) conducíndoas a través de diversos obstáculos (barrancos, paredes, montañas...) e co obxectivo de chegar a unha posición final. Estas unidades están capacitadas para realizar unha serie de accións, entre as que se encontran as de construír escaleiras, bloquear o paso a outros lemmings, lanzarse en paracaídas, etc. Tamén teñen a opción de suicidarse (suponse para o caso de que sexa imposible terminar a partida por perder demasiados lemmings).
No momento da creación de Lemmings había unha conciencia crecente dos dereitos de autor da música, por iso a maioría dos temas son arranxos e regravación de clásicos (de dominio público) para evitar problemas de copyright, de autores coma Offenbach, Mozart, Tchaikovsky, Chopin ou Wagner.
Este xogo tamén estivo dispoñible para os ordenadores Atari ST.