Lei de illas de guano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Lei de illas de guano (Guano Islands Act) foi unha lei federal aprobada polo Congreso dos Estados Unidos o 18 de agosto de 1856, autorizando a cidadáns dos Estados Unidos a tomar posesión das illas con depósitos de guano. As illas poden estar localizadas en calquera parte, mentres que non estean ocupadas ou estean baixo a xurisdición doutros gobernos. Tamén lle permite ao Presidente dos Estados Unidos a facer uso da súa forza militar co fin de protexer estes dereitos.

Whenever any citizen of the United States discovers a deposit of guano on any island, rock, or key, not within the lawful jurisdiction of any other Government, and not occupied by the citizens of any other Government, and takes peaceable possession thereof, and occupies the same, such island, rock, or key may, at the discretion of the President, be considered as appertaining to the United States. (primeira sección da Acta de Islas Guaneras)

En galego:

Cando calquera cidadán dos Estados Unidos descubra un depósito de guano sobre calquera illa, roca, ou caio, non dentro da xurisdición legal de calquera outro goberno, e non ocupada por cidadáns de calquera outro goberno, e tome posesión pacificamente, e ocupe, xa sexa, illa, roca ou caio, pode, segundo a discreción do Presidente, ser considerado pertencente aos Estados Unidos

A Acta de Illas Guaneras atópase en estatutos federais tales como o Código dos Estados Unidos, Título 48, Capítulo 8, Seccións 1411-1419.

Historia[editar | editar a fonte]

A principios do século XIX, o guano era cobizado por ser un excelente fertilizante. En 1855, EE.UU. soubo dos depósitos de guano existentes no Océano Pacífico. O Congreso aprobou o Acta de Illas Guaneras para aproveitar tales xacementos.

O acta permitía especificamente que as illas debesen ser consideradas como parte dos EE.UU., aínda que tal posesión podía anularse se os depósitos de guano esgotábanse.

Máis de 100 illas foron reclamadas. Algunhas das que aínda están baixo o dominio estadounidense, son as illas Baker, Jarvis, Howland, o arrecife Kingman, os atois Johnston, Palmyra e Midway. Outras illas xa non son parte do territorio dos Estados Unidos. A posesión da illa Navassa é disputada con Haití. Os bancos Serranilla e Baixo Novo son reclamados por múltiples países. En 1971, EE.UU. e Honduras asinaron un tratado recoñecendo a soberanía hondureña sobre as illas Swan

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]