Le Phare du bout du monde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O faro da fin do mundo
Título orixinalLe Phare du bout du monde
Autor/aJules Verne
Ilustrador/aGeorges Roux
OrixeFrancia
Linguafrancés
Xénero(s)Novela, Aventuras
EditorialHetzel
Data de pub.1905
ISBNISBN 978-1-58963-094-9
editar datos en Wikidata ]

Le Phare du bout du monde é unha novela de aventuras do escritor francés Jules Verne que foi escrita en 1901.[1] pero que foi publicado postumamente en 1905. O argumento da novela trata sobre a piratería no Atlántico Sur durante a metade do século XIX, a supervivencia en circunstancias extremas e os eventos ocorridos nun faro. Verne inspirouse no faro real da Illa dos Estados, preto do cabo de Fornos.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Nunha illa deshabitada da Patagonia onde se confunden os océanos Atlántico e Pacífico, habita unha banda de piratas dirixidos polo terrible Kongre. Estes piratas adícanse a atacar embarcacións que encallan na zona.

O seu modo de vida vese seriamente ameazado cando o goberno arxentino constrúe e pon en funcionamento un faro que deixa ó coidado de tres fareiros. Os piratas dan morte a dous deles, e queda con vida unicamente ó xefe, Vázquez, que logrado agocharse. O valoroso Vázquez tratará entón de sobrevivir nese illado paraxe, e ó mesmo tempo buscará o xeito de rematar coas falcatruadas dos malfeitores. Posteriormente, un náufrago estadounidense, John Davis, será o compañeiro de Vázquez na súa loita contra os piratas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. William Butcher, Jules Verne: The Definitive Biography, Thunder's Mouth Press, 2006, p. 292. ISBN 978-1-56025-854-4.