Lawrence Lessig
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lawrence Lessig (nado o 3 de xuño de 1961 no Estado do Dakota do Sur, Estados Unidos) é un xurista de notoriedade internacional. É profesor de dereito (C. Wendell and Edith M. Carlsmith Professor of Law) na Stanford Law School (Universidade Stanford, California) onde fundou o Center for Internet and Society.
Especialista de dereito político e de dereito da propiedade intelectual, é un importante defensor da liberdade sobre Internet e oponse a unha interpretación extensiva do dereito de autor que prexudica o potencial de creación e aos intercambios en liña. É unha das voces máis escoitadas nos debates sobre os límites do dereito de autor e sobre o desenvolvemento mundial da Internet.