Laio pola destrución de Ur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Laio pola destrución de Ur é un texto sumerio composto canda a caída da Terceira Dinastía de Ur a mans de invasores elamitas, susianos e amoritas, cara ao 2004 a. de C.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dunha serie de taboíñas de arxila escritas en cuneiforme achadas na biblioteca do Templo de Nippur e que están repartidas en museos de Filadelfia, París, Jena, Xenebra, Istambul, Berlín e Chicago. Nelas relátase a caída de Ur en clave relixiosa, xa que é unha decisión dos deuses a que provoca a súa destrución.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]