Lago Vättern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lago Vättern
Lago Vättern
Superficie1 912 km²
Profundidade128 m
Prof. media41 m
CidadesGränna, Vadstena, Jönköping, Hjo, Askersund, Åmmeberg e Karlsborg


O Vättern é o segundo lago máis grande de Suecia, despois do Vänern, e o sexto máis grande de Europa. É un corpo de auga alongado no centro da parte sur do país que apunta cara a punta de Escandinavia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A superficie total do lago e de 1 912 km², cunha conca de drenaxe un pouco maior do dobre desa cantidade, duns 4 503 km². O seu punto máis profundo, situado no sur da illa de Visingsö, ten 128 metros, mentres que a profundidade media é de 41 metros. O lago ten un perímetro duns 642 quilómetros. O seu volume é de 77,0 km3.

Situado en Götaland, o lago é drenado polo Motala ström, que comeza en Motala, e flúe finalmente a través dunha canle controlada cara ao mar Báltico. O lago contén a pintoresca illa de Visingsö, situada en fronte de Gränna. Outras cidades que se atopan nas ribeiras do lago son Vadstena, Jönköping, Hjo, Askersund, Åmmeberg e Karlsborg. Limita coas provincias de Västergötland, Närke, Östergötland e Småland.

No norte hai un fiorde interior peculiar pero non montañoso chamado Alsen. Ao redor do 62% da conca de drenaxe está cuberta de abetos, piñeiros e bosque caducifolio. Un 26,7% está dedicada ao agro.