La sombra del viento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La sombra del viento
Autor Carlos Ruiz Zafón
País España
Lingua castelán
Xénero(s) Novela de misterio
Editorial Editorial Planeta
Data de pub. 2001
Formato Tapa dura
Páxinas 565
ISBN ISBN 84-08-05793-6
Seguido por El juego del ángel


La sombra del viento é unha novela en lingua castelá de Carlos Ruiz Zafón, publicada en 2001 por Editorial Planeta. É o primeiro volume dunha tetraloxía ambientada en Barcelona, continuada pola precuela El juego del ángel (abril de 2008) e a secuela El prisionero del cielo (2011). Converteuse nun best-seller internacional, sendo traducida a máis de 30 idiomas e vendendo 15 millóns de exemplares[1].

Trama[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A novela está ambientada na Barcelona da posguerra, entre 1945 e 1956. Daniel Sempere é un rapaz de 10 anos orfo de nai e fillo dun libreiro. No verán de 1945 o pai lévao ao Cemiterio dos Libros Esquecidos, unha vella biblioteca cunha gran cantidade de libros abandonados e coidados con agarimo por un pequeno número de iniciados. Conforme á tradición, cada vez que alguén leva un novo iniciado, este ten dereito a levar un libro, que debe coidar como a vida propia. Daniel escolle La sombra del viento, de Julián Carax, que le esa mesma noite na casa. Abraiado, procura outros libros do mesmo autor, pero non logra atopar ningún. Todo o que consegue son historias sobre un home estraño que se fai chamar Laín Coubert (como un personaxe do libro que resulta ser o Diaño) que persegue os libros de Carax para prenderlles lume.

Nese punto a novela convértese nunha historia dentro doutra. Daniel, xa adolescente, procura outras obras de Julián e descubre a historia do autor.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Daniel Sempere: personaxe principal. Fillo dun libreiro.
  • Tomás Aguilar: mellor amigo de Daniel Sempere.
  • Fermín Romero de Torres: vagabundo, faise amigo de Daniel e pasa a traballar na librería.
  • Beatriz Aguilar: irmá de Tomás, convértese na muller de Daniel.
  • Clara Barceló: sobriña de Gustavo Barceló.
  • Julián Carax: escritor e pianista.
  • Francisco Javier Fumero: policía.
  • Miquel Moliner: amigo da infancia de Julián Carax.
  • Padre Fernando Ramos: compañeiro da escola de Julián.
  • Jorge Aldaya: amigo da infancia de Julián Carax.
  • Penélope Aldaya: irmá de Jorge e amante de Julián.
  • Jacinta Coronado: aia de Penélope.
  • Nuria Monfort: compañeira de traballo de Julián e amante súa. Filla de Isaac Monfort, vixilante do Cementerio dos Libros Olvidados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "[...his novel The Shadow of the Wind has sold more than 15 million copies worldwide, writes Arminta Wallace"], en Irish Times, 13 de xuño de 2009 (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]