Carlos Ruiz Zafón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carlos Ruiz Zafón (nado en Barcelona o 25 de setembro de 1964) é un escritor. Vive nos Ánxeles (Estados Unidos) desde 1993, onde se dedicou uns anos a escribir guións de cine antes de dedicarse plenamente á súa carreira como novelista.
A súa primeira novela para adultos, La sombra del viento, foi un grande éxito de vendas, sendo traducido a 36 linguas, vendendo máis de 8 millóns de exemplares e obtendo numerosos premios internacionais.
A súa obra caracterízase por un estilo moi elaborado con grande influencia da narrativa audiovisual, unha estética gótica e expresionista e a combinación de moitos elementos narrativos. Combina esa técnica cun gran dominio da linguaxe e da estrutura narrativa, combinando elementos dispares, desde a tradicional novela do século XIX a un emprego impactante de imaxes e texturas de gran forza sensorial.
Índice |
[editar] Bibliografía
[editar] Narrativa
- La sombra del viento (2001)
- El juego del ángel (2008)
[editar] Literatura xuvenil
- O príncipe da brétema (Edebé - Rodeira, 1993)
- El palacio de la medianoche (1994)
- Las luces de septiembre (1995)
- Marina (1999)
- La Trilogía de la Niebla (2007, inclúe O príncipe da brétema, El palacio de la medianoche e Las luces de septiembre).