La Voz de Mondoñedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Voz de Mondoñedo
LocalidadeMondoñedo
Na rede
Galiciana: 579261
editar datos en Wikidata ]

La Voz de Mondoñedo foi un semanario editado en Mondoñedo entre 1903 e 1925.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico semanal, apareceu o 29 de marzo de 1903. Fundado por Dodolino Trigo, comezou sendo liberal e defensor da política de Eugenio Montero Ríos. Entre os seus colaboradores figurou Antón Villar Ponte. Pasou a mans de Edesio Mancebo en 1919 e, despois, de Constantino Sánchez, converténdose en voceiro dun político local. Incluíu colaboracións literarias. Deixou de publicarse en 1925.

Segunda etapa[editar | editar a fonte]

Rexurdiu na primeira quincena de xuño de 1936 co subtítulo Periódico quincenal independiente baixo a dirección e propiedade de Jesús López Díaz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]