La Verdad (Marín)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Verdad
LocalidadeMarín
editar datos en Wikidata ]

La Verdad foi un semanario publicado en Marín en 1923.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario Independiente, apareceu o 7 de xuño de 1923. Manifestou unha orientación socialista e estaba vinculado con Solidaridad, portavoz do Partido Socialista Obreiro Español de Vigo. Cada exemplar tiña oito páxinas, custaba dez céntimos e imprimíase na Imprenta Obrera de Pontevedra. No periódico colaboraron José Lombardía, José Pazó Rodríguez, Ángel Rodríguez del Castro, Lorenzo Corbacho (presidente da agrupación socialista de Moaña en 1922) e Miguel de Unamuno. Manifesta preocupación polos problemas locais, en especial os que atinxen a obreiros e campesiños, e hai unha constante denuncia do caciquismo que practican os afiliados ao Partido Radical de Alejandro Lerroux e continuos ataques a La Voz del Campo, órgano da Federación Agraria Municipal de Marín, ao que se cualifica de emilianista. Probablemente se deixou de publicar no mesmo 1923.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]