La Terremoto de Alcorcón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Terremoto de Alcorcón , nada en Madrid é unha cantante cómica española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creceu en Alcorcón e estudou idiomas. Foi traballar como au pair ao Reino Unido. Fichou polo grupo Diabéticas Aceleradas en 1999. Vive en Palma, onde rexentaba un bar en Sant Jordi, unha pedanía da capital, aínda que posteriormente e traspasou.

Fíxose coñecida en España polas súas parodias de cancións como "Can't get you out of my head" de Kylie Minogue ("Me estoy poniendo morá") o "Hung Up" de Madonna ("Time goes by con Loli"), da que tamén existe un videoclip no que imita á cantante estadounidense. Tamén versionou a Michael Jackson en "Thriller" ou a Beyoncé Knowles en "Crazy in love" entre outros moitos.

En 2006 presentou "Sin afeitar" ("I will survive") de Gloria Gaynor e no verán dese mesmo ano "Me voy pa Benidorm" ("Walking on sunshine") de Katrina & The Waves. En 2007 presentou o seu primeiro single, que foi o himno oficial do Europride 2007 en Madrid, chamado "¡Libérate!"