La Massana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Massana
Lagoa en La Massana

A Massana é unha das sete parroquias que integran o territorio de Andorra. Atópase situada ao noroeste do país e cobre unha superficie de 65 km².

Caracteríticas[editar | editar a fonte]

A parroquia está formada por sete quarts ou entidades menores existentes nalgunhas parroquias: Pal, Arinsal, Erts, Sispony, Anyós, l'Aldosa e A Massana, que é a capital da parroquia. Ten tamén seis pequenos núcleos urbanos: o Pujol do Piu, Escàs, els Plans, o Mais de Ribafeta, Xixerella e o Pui.

Os ríos máis importantes da Massana son o Valira do Nord, o río de Pal e o río de Montaner. Os lagos (o de lles Truites, els Forcats, Montmantell e o Negre), os bosques de piñeiros e abetos e os picos máis altos do país (o Comapedrosa -2.942 metros-, o Medecorba, o Racofred, o Pic do Plá de l'Estany e o Sanfonts) forman parte tamén da xeografía de espazos naturais desta parroquia.

A localidade de A Massana, conta con 3.000 habitantes e é a capital parroquial. Atópase situada a apenas cinco quilómetros de Andorra a Vella.

Aínda que case non conserva restos dun pasado dedicado en exclusividade á agricultura e a gandaría, aínda é posible atopar certa actividade gandeira e de cultivo da pataca e o tabaco. Na actualidade a actividade dos seus habitantes vira case exclusivamente en torno ao sector terciario (servizos), cunha gran variedade de establecementos hostaleiros, restaurantes, instalacións de lecer e deportivas.

Celebra a súa Festa do Roser o segundo domingo do mes de xullo e a súa Festa Maior o 15 de agosto.