Canillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización
Vista do santuario de Caselles

Canillo, cunha superficie de 120,86 km², é a parroquia máis extensa de Andorra e a primeira por orde protocolaria. En 2004 tiña 4.225 habitantes.

[editar] Historia

Está constituída polos pobos e núcleos urbanos de Canillo, Soldeu, Bordos d'Envalira, O Tarter, Sant Pere, Ransol, Els Plans, O Vilar, l'Armiana, l'Aldosa, O Forn, Prats, Meritxell e Molleres. Canillo é a capital, cun total de 1.149 habitantes.

A súa altitude varía entre os 1.400 e os 2.913 metros sobre o nivel do mar. O clima é frío e seco, e a neve que cobre as cimas e montañas durante os meses de inverno faia unha parroquia na que se pode gozar plenamente do sol, a neve e a montaña.

Na parroquia de Canillo atópanse o Santuario da nosa Señora de Meritxell, patroa do Principado, a igrexa de Sant Joan de Caselles (edificio románico de finais do século XI, cuxo campanario é de estilo lombardo) e tamén o Palacio de Xeo de Andorra, con máis de 8.000 m². e unha pista de xeo de dimensións olímpicas.

Igualmente, en Canillo pode visitarse Grandvalira, a estación de esquí máis extensa de Andorra, na que a neve está garantida durante toda a tempada.

A pesar de ter vocación turística, a parroquia de Canillo conserva aínda moitos trazos gandeiros e agrícolas.

Parroquias de Andorra

Andorra a Vella | Canillo | Encamp | Escaldes-Engordany | La Massana | Ordino | Sant Julià de Lòria

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas