Komaki
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Komaki na prefectura de Aichi | |||
| Localización da prefectura de Aichi no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Chūbu, Rexión de Tōkai | ||
| Prefectura | Prefectura de Aichi | ||
| Superficie | 62,82 km2 | ||
| Poboación | 149.433 (2009) | ||
| Densidade | 2.380 h/km² | ||
| Alcalde | Naoteru Nakano | ||
Komaki (小牧市, こまきし, Komaki-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte Tōkai da rexión de Chūbu, e ao noroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 62,82 km² e a poboación de 149.433 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 2.380 h/km².
O concello de Komaki limita cos concellos de Kitanagoya, de Iwakura, de Kōnan, de Ōguchi, de Inuyama, de Kasugai e de Toyoyama.
[editar] Historia
A cidade de Komaki foi fundada pola fusión de 3 concellos do distrito de Higashikasugai (Komaki-chou, Ajioka-mura e Shinooka-mura) no ano 1955.