Kōnan, Aichi
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Kōnan na prefectura de Aichi | |||
| Localización da prefectura de Aichi no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Chūbu, Rexión de Tōkai | ||
| Prefectura | Prefectura de Aichi | ||
| Superficie | 30,17 km2 | ||
| Poboación | 100.531 (2009) | ||
| Densidade | 3.330 h/km² | ||
| Alcalde | Motoshi Hori | ||
Kōnan (江南市, こうなんし, Kōnan-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte Tōkai da rexión de Chūbu, e ao noroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 30,17 km² e a poboación de 100.531 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 3.330 h/km².
O concello de Kōnan limita cos concellos de Ichinomiya, de Iwakura, de Komaki, de Ōguchi, de Fusō (son da prefectura de Aichi); e de Kakamigahara (da prefectura de Gifu).
[editar] Historia
A cidade de Kōnan foi fundada pola fusión de 2 concellos do distrito de Niwa (Kochino-chou e Hotei-chou) e 2 concellos do distrito de Haguri (Miyata-chou e Kusai-mura) no ano 1954.