Lipopolisacárido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lipopolisacárido (LPS) é unha molécula de grandes dimensións constituída por un lípido e un polisacárido unidos por un enlace covalente.
Funcións [editar]
LPS é o principal compoñente da membrana exterior das bacterias Gram-negativas, contribuíndo en gran medida á integridade estrutural da bacteria e protexendo a membrana de certas clases de ataque químico. LPS é unha endotoxina, e provoca unha forte resposta por parte dos sistemas inmunitarios dos animais normais.
Estrutura [editar]
O LPS consta de tres partes: lípido A, core e o antíxeno O.
- O lípido A está formado por un disacárido composto por dúas unidades de N-acetilglicosamina unidas por enlace ß aos carbonos 1 e 6, ao que se lle unen ácidos graxos mediante enlace éster; os ácidos graxos que se atopan asociados comunmente no lípido A son o ácido caproico, ácido láurico, ácido mirístico, ácido palmítico e ácido esteárico.
- O core está formado por unha serie de monosacáridos de seis carbonos (hexosas) como a glicosa, ramnosa e galactosa, entre outros, e tamén formado por monosacáridos pouco correntes como os didesoxiazucres, entre os cales salientan a abecuosa, clitosa, paratosa ou tivelosa.
- O antíxeno O é unha serie de catro azucres específicos para cada bacteria que se repiten, esta secuencia diponse fóra da célula como unha endotoxina, actuando como receptor para moitos bacteriófagos e é tamén o que provoca xunto co lípido A, a resposta inmunolóxica do individuo afectado.