Kingsholm Stadium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kingsholm»)

Coordenadas: 51°52′18″N 2°14′34″O / 51.871667, -2.242778

Kingsholm Stadium
Kingsholm Stadium
Datos
LocalizaciónGloucester, Inglaterra
Construción
Inauguración1891
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade16.500
LocalíaGloucester Rugby
Eventos

O Kingsholm Stadium é un estadio de rugby da cidade de Gloucester, en Inglaterra, con capacidade para 16.500 seareiros, no que disputa como local os seus encontros o Gloucester Rugby, un dos clubs máis importantes da Premiership inglesa.

Inaugurado en 1891, neste recinto xogouse en 1900 un encontro do Seis Nacións cando o torneo aínda se chamaba Home Nations Championship e as seleccións de Francia e Italia aínda non competían nel. O Kingsholm Stadium acolleu tamén un encontro da Copa do Mundo de Rugby na súa edición de 1999 e acollerá catro encontros na edición de 2015. No ano 2000 foi unha das sedes da Copa do Mundo de Rugby League.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]