Kiefer Sutherland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kiefer Sutherland en 2008

Kiefer William Fredrick Dempsey George Rufus Sutherland, nado o 21 de decembro de 1966 en Londres, é un actor canadense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kiefer Sutherland, fillo dos actores canadenses Donald Sutherland e Shirley Douglas e neto do político Tommy Douglas, naceu no Reino Unido mentres seus pais traballaban no país, viviu en Corona (California) ata 1975 logo de seus pais separarense e marchou con súa nai a Toronto. O seu primeiro papel relevante foi no filme Max Dugan Returns (1983) e aínda que seguiu actuando en filmes e principalmente coñecido desde 2001 pola interpretación de Jack Bauer na serie da Fox 24 que lle valeu un Emmy.