Khasekhemui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Khasekhemui. Museo Exipcio do Cairo

Khasekhemui foi o último faraón da dinastía II e do período arcaico de Exipto, ou período tinita. Gobernou entre os anos -2709 a.C. e 2682 a.C.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Figura como Dyadyay na Lista Real de Abidos, aínda que se lle cita como Beby na Lista Real de Saqqara. Manetón comentou, segundo Xulio Africano, en versión do monxe Sincelo, que o noveno rei, Keneres, gobernou trinta anos. O Canon de Turín asigna a ...bty un reinado de 27 anos, dous meses e un día.

Casado con Nemaathapy, foi pai de Initkaes e Hetephernebty, e posiblemente sogro de Sanajt e Djoser.

É considerado o reunificador das Dúas Terras (Exipto) baixo o seu mando, dividida despois do reinado de Peribsen. Acabou coas rebelións dos nomos setentrionais e mediante o seu enlace coa princesa Nemaathapy, procedente do Baixo Exipto, consolidou o seu poder sobre todo o territorio.

Crese que ao reunificar o país cambio o seu nome Khasekhem polo de Khasekhemui. Pola semellanza do nome, moitos estudiosos ven en Khasekhemui unha titulatura diferente adoptada logo da reconciliación nacional, que estivo en precario pola rebelión do sur. Reafirmou o sentimento nacionalista e restableceu o culto a Horus, en contraposición ao de Seth que foi propagado por Sejemib durante a época de crise.

Foi sepultado na necrópole real de Umm el-Qaab, en Abidos.

Con Khasekhemui conclúe a segunda dinastía, e con esta, o período arcaico de Exipto, ou período Tinita.

Construcións da súa época[editar | editar a fonte]

  • En tempos de Khasekhemui construír o impoñente recinto de Nekhen:

O complexo de Khasekhemui é unha descomunal estrutura coñecida como Shunet el Zebib "o almacén das frechas", situada no deserto, a dous quilómetros da súa tomba; é unha enorme estrutura rectangular de 123 por 64 metros, con muros de adobe de cinco metros de espesor e vinte metros de altura, decorado en forma de fachada de palacio; aínda permanecen en pé grandes panos de muro cuns 5000 anos de antigüidade. Dentro deste recinto foi descuberta unha construción graduada que puido ser precursora da pirámide de Djoser. Considérase como unha importante etapa evolutiva dos complexos funerarios do antigo Exipto.

Testemuños da súa época[editar | editar a fonte]

  • Entre os restos dos edificios de Nekhen foron atopadas por J.E. Quibell, en 1898, dúas estatuas sedentes do rei, con inscricións que rexistran o seu éxito sobre o Baixo Exipto. Son as primeiras estatuas esculpidas en pedra que representan a figura dun faraón; unha delas se atopa no Museo Exipcio do Cairo, de 56 centímetros de altura, tallada en xisto (JE 32161); a outra está no Ashmolean Museum de Oxford (AM 620.11)
  • A evidencia máis antiga de inscricións dun rei exipcio na cidade libanesa de Biblos pertenceron á época de Khasekhemui.

Outras hipóteses[editar | editar a fonte]

  • Algúns eruditos opinan que Khasekhem e Khasekhemui eran dous reis diferentes.
Predecesor:
Khasekhem (?)
Faraón
Segunda dinastía
Sucesor:
Sanajt