Kathrin Jansen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKathrin Jansen
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Erfurt, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Philipps de Marburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmicrobióloga , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMerck Sharp and Dohme (pt) Traducir
Universidade de Pensilvania
Wyeth (en) Traducir
Universidade de Washington
Pfizer Editar o valor em Wikidata
Premios

Kathrin U. Jansen, nada en 1958, é unha microbióloga e investigadora estadounidense, Xefa de Investigación e Desenvolvemento de Vacinas en Pfizer. Anteriormente, dirixiu o desenvolvemento da vacina contra o virus do papiloma humano (VPH) e a vacina contra o neumococo,[1] e está a traballar con BioNTech para crear unha vacina COVID-19, que se atopa na última fase do ensaio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jansen naceu en Erfurt e creceu en Alemaña do Leste.[2][3] Decotío atopábase mal cando era nena e sufriu varias infeccións de garganta. O tratamento médico que recibía do seu pai (antibióticos, codeína) inspirouna a dedicarse ao desenvolvemento de fármacos. A súa familia fuxiu a Alemaña Occidental antes de que se construíse o Muro de Berlín. Para transportar a Jansen a través da fronteira, a súa tía finxiu que era a súa filla e deulle unhas pastillas para durmir para que non se espertase e dixéselle a verdade á patrulla fronteiriza. Finalmente, estudou bioloxía na Universidade de Marburg, coa esperanza de traballar na industria farmacéutica. Mentres era estudante, Rudolf K. Thauer chegou á universidade e estableceu un departamento de microbioloxía. Jansen completou o seu doutoramento na Universidade de Marburg, onde estudou a traxectoria química das bacterias.[4][5][6] Tras doutorarse, Jansen trasladouse á Universidade de Cornell cunha bolsa para doutores da Fundación Alexander von Humboldt para investigar a función do receptor de acetilcolina con George Paul Hess.[7][8] En particular, Jansen centrouse en bioloxía molecular e nas manifestacións como receptores neuronais de múltiples subunidades do fermento.

Investigación e carreira[editar | editar a fonte]

Jansen estaba fascinada polo desenvolvemento de novos produtos farmacéuticos e quería regresar a Europa, polo que se mudou a Xenebra para unirse ao Instituto Glaxo de Bioloxía Molecular. No Instituto Glaxo de Bioloxía Molecular, Jansen animou aos inmunólogos a crear un novo receptor para a inmunoglobulina E. Realizou prácticas no laboratorio de David Bishop na Universidade de Oxford, onde estudou a xenética de células de insectos utilizando a familia de virus baculoviridae.

En 1992, Jansen regresou aos Estados Unidos, onde se uniu á división de vacinas de Merck & Co. Interesouse en producir vacinas e comezou a traballar en relación á infección polo virus do papiloma humano.[9] Pouco despois, Jian Zhou e Ian Frazer comezaron a traballar na vacina contra o virus do papiloma humano, expondo que as proteínas de partículas similares ao virus da infección polo virus do papiloma humano poderían auto ensamblarse en algo que podería utilizarse como vacina. Jansen propuxo que a vacina se elaborase con fermento, un substrato que Merck & Co. utilizara anteriormente para a vacina contra a hepatite B[10]. Requiríronse varias innovacións para garantir que o fermento non degradase as partículas similares aos virus evitando a súa agregación[2]Jansen logrou convencer a Edward Scolnick de que valía a pena traballar na vacina experimental e comezou a facer os ensaios. Jansen traballou con Laura Koutsky na Universidade de Washington na dirección de determinados estudos de historia natural que orientaron os ensaios clínicos de fase 2. En 2002 demostrouse que a vacina era efectiva ao 100%, e Jansen abandonou Merck & Co. sabendo que a vacinación sería un éxito.[11][12][13][14]

Incorporouse a VaxGen en 2004, onde foi nomeada directora científica.[15] En 2006, Jansen abandonou VaxGen para unirse a Wyeth Pharmaceuticals en 2006, onde foi responsable do descubrimento de varias vacinas.[7] Aquí desenvolveu a vacina conxugada do neumococo (Prevnar-13).[16] En 2010, Jansen foi nomeada profesora adxunta da Universidade de Pensilvania.

A Jansen preocúpalle o aumento da controversia sobre as vacinas. Nunha conferencia en Pfizer en 2019, dixo: “Non sei que motiva a unha persoa a ignorar os feitos científicos. Como científicos, é a nosa obrigación rectificar a información errónea e proporcionar feitos sobre aquilo que sabemos e aquilo que non sabemos”.[16]

Durante a pandemia de COVID-19, Jansen supervisou o desenvolvemento dunha vacina de Pfizer fronte á COVID-19.[17][18] Considerou catro candidatos potenciais, antes de unirse a BioNTech para ter maiores probabilidades de identificar unha vacina co maior potencial.[9][19] Para probar a eficacia, Jansen e Pfizer están a traballar baixo a supervisión da Administración de Drogas e Alimentos e están a levar a cabo un estudo con 30.000 pacientes. En xullo de 2020, Jansen anunciou resultados positivos nos seus ensaios clínicos, o que resultou nun aumento no prezo das accións de Pfizer.[20] O 9 de novembro de 2020, BioNTech e Pfizer publicaron novos datos sobre a vacina que están a desenvolver, sinalando que ofrece un nivel de protección do 90% contra a COVID-19.[21]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A revista Nature recoñeceuna como unha das 10 persoas máis relevantes da ciencia no ano 2020 por crear unha vacina clinicamente exitosa nun récord de tan só 210 días.[22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ríos, por Elena de los (2020-11-14). "La increíble historia de la mujer que derrotó a Donald Trump antes que Biden: se llama Kathrin Jansen y ha conseguido la vacuna contra el coronavirus". mujerhoy (en castelán). Consultado o 2020-11-14. 
  2. 2,0 2,1 Jansen, Kathrin U. (2010). "The path to developing a cervical cancer vaccine" (en inglés) 6 (10): 777–779. ISSN 1554-8600. PMID 20953153. doi:10.4161/hv.6.10.13824. 
  3. "Get Science Podcast: Finding That Key Ingredient" (en inglés). 2019-04-10. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 2020-09-19. 
  4. Kathrin Jansen (1989). Pharmakokinetik und Pharmakodynamik von Atropin nach intravenöser und endobronchialer Applikation Untersuchungen am narkotisierten Hausschwein (Tese) (en German). 
  5. Jansen, Kathrin; Thauer, Rudolf K.; Widdel, Fritz; Fuchs, Georg (1984-07-01). "Carbon assimilation pathways in sulfate reducing bacteria. Formate, carbon dioxide, carbon monoxide, and acetate assimilation by Desulfovibrio baarsii" (en inglés) 138 (3): 257–262. ISSN 1432-072X. doi:10.1007/BF00402132. 
  6. Jansen, Kathrin; Fuchs, Georg; K.Thauer, Rudolf (1985-07-01). "Autotrophic CO2 fixation by Desulfovibrio baarsii: Demonstration of enzyme activities characteristic for the acetyl-CoA pathway" (en inglés) 28 (3): 311–315. ISSN 0378-1097. doi:10.1111/j.1574-6968.1985.tb00812.x. 
  7. 7,0 7,1 "Kathrin Jansen, Ph.D. | Pfizer". Consultado o 2020-09-19. 
  8. "Kathrin Jansen, Pfizer" (en inglés). Consultado o 2020-09-19. 
  9. 9,0 9,1 "For its Covid-19 vaccine, Pfizer turns to a scientist who has gotten results" (en inglés). 2020-08-24. Consultado o 2020-09-19. 
  10. Journal, Gardiner HarrisStaff Reporter of The Wall Street (2002-11-21). "Merck Vaccine Shows Promise In Preventing Cervical Cancer" (en inglés). ISSN 0099-9660. Consultado o 2020-09-22. 
  11. Koutsky, Laura A.; Ault, Kevin A.; Wheeler, Cosette M.; Brown, Darron R.; Barr, Eliav; Alvarez, Frances B.; Chiacchierini, Lisa M.; Jansen, Kathrin U.; Proof of Principle Study Investigators (2002-11-21). "A controlled trial of a human papillomavirus type 16 vaccine" 347 (21): 1645–1651. ISSN 1533-4406. PMID 12444178. doi:10.1056/NEJMoa020586. 
  12. Grady, Denise (2002-11-20). "Experimental Vaccine Appears to Prevent Cervical Cancer" (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-09-22. 
  13. Grady, Denise (2002-11-21). "Vaccine Appears to Prevent Cervical Cancer" (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-09-22. 
  14. Grady, Denise (2003-06-22). "CANCER; The Cross-Country Duo Behind a Breakthrough Vaccine" (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-09-22. 
  15. "Kathrin Jansen departs Vaxgen - Pharmaceutical industry news". Consultado o 2020-09-19. 
  16. 16,0 16,1 Ramaswamy, Swapna Venugopal. "Pfizer's Kathrin Jansen leads the charge on vaccines" (en inglés). Consultado o 2020-09-19. 
  17. Ramaswamy, Swapna Venugopal. "Pearl River-based Pfizer working on coronavirus vaccine; head of vaccines answers questions" (en inglés). Consultado o 2020-09-19. 
  18. Vardi, Nathan. "The Race Is On: Why Pfizer May Be The Best Bet To Deliver A Vaccine By The Fall" (en inglés). Consultado o 2020-09-19. 
  19. "Pfizer sees 'mostly mild to moderate' safety profile in phase 3 COVID-19 vaccine study" (en inglés). Consultado o 2020-09-19. 
  20. Jr, Berkeley Lovelace (2020-07-01). "Pfizer stock jumps after it reports positive data in early stage coronavirus vaccine trial" (en inglés). Consultado o 2020-09-19. 
  21. "Vacuna Pfizer: Los datos muestran una eficacia del 90% contra el coronavirus" (en castelán). 2020-11-09. Consultado o 2020-11-14. 
  22. "Las 10 personas más relevantes para la ciencia de 2020 según la revista ‘Nature’". Agencia SINC (en castelán). Consultado o 2020-12-16.