Julio Montes Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Montes Santiago

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1956 Editar o valor em Wikidata
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 2020 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorComplexo Hospitalario Universitario de Vigo Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 619932


Julio Montes Santiago, nado en Salamanca o 16 de decembro de 1956 e finado en Vigo o 31 de outubro de 2020[1], foi un médico e escritor español[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Após licenciarse en Medicina pola Universidade de Salamanca e recibir o Premio Extraordinario, realizou o MIR en medicina interna na Clínica Puerta de Hierro (Madrid). Con posterioridade foi adxunto en medicina interna en Miranda de Ebro (provincia de Burgos) e Ourense e a partir de 1990 ocupou a praza de internista no hospital do Meixoeiro e logo no hospital Álvaro Cunqueiro. Desenvolveu a súa actividade docente como profesor na Escola Universitaria de Enfermaría do SERGAS no Meixoeiro (Universidade de Vigo) entre os anos 1991 e 2007, exerceu de titor clínico en prácticas de licenciatura na Facultade de Medicina da USC, así como de profesor en Cursos de Formación (Galegos e Españois), mestrado de posgrao en Insuficiencia Cardíaca e do curso de especialista en enfermidade tromboembólica.

No eido da investigación obtivo varias bolsas (FISS, fondos FEDER, SOGAMI...). Foi convidado a varios relatorios en Mesas de Congresos Galegos e Españois (non menos de 43). É autor de cinco obras enmarcadas na disciplina médica, coordinador de dúas máis, autor de 31 capítulos en libros deste eido así como de máis de 200 artigos en revistas científicas (145 españolas e 55 internacionais)[3]. Pertenceu ao Comité de Redacción de diversas publicacións periódicas: Expert Opinion on Pharmacotherapy (Ashley Publications, UK), Revista Clínica Española, Revista Española de Casos Clínicos, Medicina Clínica, Revista de Neurología, Gaceta Sanitaria, Kranion...

Ademais, durante un tempo ocupou a vicepresidencia e a presidencia da Sociedade Galega de Medicina Interna, en 2011 e 2012, entre outros anos.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Irmán do xeólogo Manuel Jesús Montes, estivo casado con Yolanda Carbajales[5] e foi pai de dúas fillas, Esther e Inés.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Pertenceu á Asociación Española de Médicos Escritores y Artistas (ASEMEYA).

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • El coleccionista de cráneos célebres (dúas edicións: 2002 e 2007)
  • Tabaco y medios de comunicación: una atracción fatal (2003)
  • Arte y riesgo cardiovascular (2010)
  • Albert Einstein como paciente. Historia de sus enfermedades y las relaciones con sus médicos (2014)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Tiempos de amor y dolor: Poemas y grabados (2006)
  • Figuras que tallaron mi alma y un relato mítico (2010)
  • Camino hacia ti con libertada enamorada (2014)
  • Equipaje de esperanza para una ardiente travesía (2020)[6]

Todas estas pezas poéticas están ilustradas pola gravadora Yolanda Carbajales Ferreiro[7]. Malia ser salmantino, tamén se aventurou a escribir poesía en galego. Aplaudido foi, dende o colectivo O Alento Esbravexo, o seu soneto na memoria do célebre galeguista[8], empresario e artista plástico Isaac Díaz Pardo.

Recibiu unha mención no V Concurso Biblioarte (2003), así como o 3º Premio Neurosonetos (2011), cuxa publicación se lanza dende a revista Kranion.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2021 púxose o seu nome á sala de docencia do hospital do Meixoeiro[9], e dende 2021 celébrase o Concurso de Fotografía artística Julio Montes, convocado pola Sociedad Española de Medicina Interna[10].

Notas[editar | editar a fonte]