Julien Ries

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julien Ries
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 19 de abril de 1920 en Fouches, Arlon, Bélxica
Pasamento 23 de febreiro de 2013 en Tournai, Bélxica
Ordes
Ordenación sacerdotal 12 de agosto de 1945, por André Marie Charue
Consagración episcopal 11 de febreiro de 2012, por Giacinto Berloco
Creado cardeal 18 de febreiro de 2012, por Bieito XVI
Cardeal-diácono de Sant'Antonio di Padova a Circonvallazione Appia
Bispo Titular de Bellicastrum
18 de febreiro de 2012 - 23 de febreiro de 2013
Outros
Coat of arms of Julien Ries.svg
Escudo de Julien Ries
Caritas Christi urget nos
Ficha en catholic-hierarchy.org

Julien Ries, nado en Fouches (Arlon) o 19 de abril de 1920, é un sacerdote, antropólogo e historiador das relixións belga creado cardeal da Igrexa Católica polo papa Bieito XVI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou de 1933 a 1939 no seminario menor de Bastogne, na diocese de Namur, completando estudos clásicos e de filosofía e de 1941 a 1945 na Facultade de Teoloxía no seminario maior de Namur e foi ordenado sacerdote o 12 de agosto de 1945 na catedral desa cidade. Continuou os seus estudos na Facultade de Teoloxía e no Instituto Orientalista da Universidade Católica de Lovaina dentre 1945 e 1950, licenciándose en teoloxía (1948) e filoloxía e historia oriental (1949). Foi capelán e profesor de relixión católica no instituto de Athus (1950-1959). En 1953 conseguíu o doutorado en teoloxía coa tese, dirixida por Lucien Cerfaux e Louis Théophile Lefort acerca da influencia dos escritos do Novo Testamento no eucoloxio maniqueo copto de Médinêt Mâdi. Titular da parroquia de Messancy (1959-1968). A partir de 1960 comezou a dar clases na Universidade de Lovaina, e xa desde 1968 como titular no Centro de Historia das Relixións ao tempo que se facía cargo da parroquia de Suarlée (Namur). En 1970 ao dividirse a universidade en dous centros segundo a lingua, Ries deu clase na universidade francófona, onde o novo reitor Édouard Massaux deu pulo os estudos sobre a historia das relixións, o que induciu a que Ries se ocupara máis da historia xeral das relixións, sen deixar o seu interese orixinario polo maniqueísmo. Entre 1979 e 1985 foi membro do Consello Pontificio para o Diálogo Interrelixioso. Foi creado cardeal diácono o 18 de febreiro de 2012[1].

Obra[editar | editar a fonte]

Estudioso da antrolopoxía da relixión baixo a súa dirección elaborouse o Trattado di antrolopogia del sacro (1989-2009), nos seus dez volumes colaboraron especialistas do mundo enteiro, coa colaboración do antropólogo estadounidense Lawrence E. Sullivan (director do Centre for the Study of World Religions na universidade Harvard[2]. Julien Ries é o pensador que fixo popular a expresión "homo religiosus" (o ser humano como ente relixioso)[3], coincidindo co paleontólogo francés Yves Coppens, o descubridor de Lucy (Australopithecus afarensis): « desde o comezo o home é un ser relixioso» [4].

Dirixiu catro coleccións de libros (Homo religiosus, Cerfaux-Lefort, Information et Enseignement, Conférences et Travaux) e é autor de máis de 680 obras, entre libros e artigos, sobre a historia das relixións, a Academia Francesa concedeulle senllos premios en 1986 e 1987[5]. As súas obras completas (opera omnia Julien Ries) están en curso de edición e ten obras traducidas a varias linguas[6]. Tamén é membro do comité de edición do Dictionnaire des Religions [7]

Notas[editar | editar a fonte]