Jules Gilliéron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJules Gilliéron
Biografía
Nacemento(fr) Jules Louis Gilliéron Editar o valor em Wikidata
21 de decembro de 1854 Editar o valor em Wikidata
La Neuveville, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1926 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Ligerz, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Suíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística, dialectoloxía e Filoloxía románica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , catedrático , dialectologist (en) Traducir , romanista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorÉcole pratique des hautes études Editar o valor em Wikidata
Interesado enGeolinguística (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJules Cornu, Gaston Paris (pt) Traducir, Arsène Darmesteter (pt) Traducir, Louis Havet (pt) Traducir e Paul Meyer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosCharles Bruneau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Jules Gilliéron, nado en La Neuveville, Suíza, o 21 de decembro de 1854 e finado en Cergnaux o 26 de abril de 1926, foi un dos lingüistas suízos máis prestixiosos de finais do século XIX e comezos do XX.

Ademais da súa importante contribución á dialectoloxía francoprovençal, a súa obra máis saliente, polo talle colosal, foi o Atlas Linguistique de la France, feito coa colaboración de Edmond Edmont, entre 1902 e 1912, que marcou o punto de partida da confección dos atlas lingüísticos posteriores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jules Gilliéron era fillo de Jean Victor, profesor de francés en Basilea, e de Marie Jeanne Ritter. Estudou na academia de Neuchâtel (onde obtivo a súa "graduación" en 1875). Logo proseguiu estudos na Universidade de Basilea e, entre 1876 e 1880, na Ecole pratique des hautes études (EPHE) e máis na Ecole des chartes (Escola de mapas), ambas as dúas en París. A partir de 1883, e até a súa morte, este lingüista ensinou Dialectoloxía na EPHE. Jules Gilliéron sucedeu a Arsène Darmesteter nesta escola. A partir de entón, a Dialectoloxía vaise xestando como ciencia seria. Dedicouse toda a súa vida á investigación dialectoloxía galorománica, o que fructificaría en diversos estudos a respecto da distribución xeográfica das variedades dialectais. En 1887, cofundou co abade Jean-Pierre Rousselot a Revue des patois gallo-romans, que se publicou até 1893. O punto álxido da súa produción foi a publicación do 'Atlas linguistique de la France. Esta obra monumental realizouse entre 1897 e 1907 e publicouse despois entre 1902 e 1910, mercé ó labor efectuado en cada localidade polo seu colaborador Edmond Edmont.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Le patois de la commune de Vionnaz (1880)
  • Petit atlas du Valais roman (1882)
  • Généalogie des mots qui désignent l'abeille (1918)
  • Pathologie et thérapeutique verbales (1921)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]