Juan Bautista Caamiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Bautista Caamiña
Biografía
Nacemento1774 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1827 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , médico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Juan Bautista Caamiña, nado en Santiago de Compostela en 1774 e finado en Portugal en 1827, foi un médico, político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catedrático de Física da Universidade de Santiago de Compostela e médico no Real Hospital. Asociado co impresor Manuel Antonio Rey fundou os periódicos liberais Diario General (1810) e El Cartel (1811). En febreiro de 1812 dirixiu a Gazeta Marcial y Política de Santiago, desde a que combateu os realistas. Foi cruelmente perseguido polos absolutistas e suspendido das súas funcións académicas. Tivo que facer unha retractación pública das súas ideas, esconderse nunha cela do convento de San Lorenzo e facer unha segunda retractación. Temendo pola súa vida, en maio de 1814 fuxiu a Portugal, e exerceu a medicina en Porto uns anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]