Joseph Lancaster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph Lancaster, por John Hazlitt, arredor do 1818.

Joseph Lancaster, nado o 25 de novembro de 1778 en Londres, e finado o 23 de outubro de 1838, foi un educador e pedagogo inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 14 anos marchou da súa casa e foi a Bristol por motivos relixiosos, encontrou traballo na cidade e uniuse á "sociedade dos amigos" (Cuáqueros). Con 20 anos funda a súa primeira escola de primaria neste lugar. A escola era moi popular pero a maioría dos nenos non podían costear os seus estudos nela. Aquiriu o sistema de monitores e desenvolveu as súas ideas de forma simultánea ás do dr. Andrew Bell. Este no seu ensino non utilizaba a dor física pero si que castigaba os seus alumnos atándoos ou encerrándoos. A escola recibiu xenerosas doazóns polo seu rápido crecemento pero aínda así caeu na déveda, ademais disto a escola tamén recibiu numerosas críticas. Lancaster defendía as escolas non controladas pola igrexa xa que dicía que a educación debía ser cristiá pero non sectaria. Joseph pasou gran parte da súa vida recorrendo o país para defender as súas ideas. En 1816, Lancaster abandonou a Real Sociedade Lancasteriana e tentou fundar a súa propia escola. Isto fracasou e rematou na bancarrota. Despois de ser encarcelado por dévedas e excluído da sociedade por diversas cousas emigrou ós Estados Unidos. Formaría escolas en Baltimore, Venezuela e Canadá, aínda que tamén lle foron mal e tivo que regresar. Os seus seguidores tamén fundarían diversas escolas polo mundo. Lancaster falece en Nova York tras ser atropelado por unha carruaxe de cabalos. Agora tan só existe unha escola lancasteriana en todo o mundo. Atópase no Museo Escolar Británico.

Obras[editar | editar a fonte]

As obras máis importantes que escribiu son:

  • Improvements in Education, en galego Melloras en educación, (Londres, 1803; Nova York, 1807)
  • The British System of Education, en galego O sistema británico de educación, (Washington, 1812)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]