Joseph Déjacque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Joseph Déjacque, nacido cara decembro de 1821 en París e falecido en 1864, foi un escritor anarquista francés creador do termo Libertario.

Biografía[editar | editar a fonte]

De orixes descoñecidas, foi coñecido ó ser arrestado por formar parte da Revolución Francesa de 1848. Encarcerado durante un tempo acusado de "axitación socialista", foi liberado pero arrestado novamente en 1851 e sentenciado a 2 anos de cárcere debido á súa colección de poemas "Les Lazaréennes, Fables et Poésies Sociales".

Escapou arredor do 2 de decembro de 1851, marchando a Londres. Estando en Jersey entre 1852 e 1853 escribiu La question révolutionnaire, unha exposición do anarquismo que publicaría en 1854 en Nova York. Alí comunicouse con asociacións obreiras e onde foi signatario do programa da Primeira Internacional en 1855.

En Nova Orleans entre 1856 e 1858 escribiu a súa famosa utopía anarquista "L'Humanisphère, Utopie anarchique", aínda que non deu atopado un editor. Ó volver a Nova York publica os seus libros no periódico "Le Libertaire, Journal du Mouvement social", do que saíron 27 números entre o 9 de xuño de 1858 e o 4 de febreiro de 1861. Este periódico foi o primeiro de carácter comunista libertario (identificable desta forma pola liña da comunidade de bens, se ben esta teoría económica aínda non existía formalmente dentro do anarquismo) publicado nos Estados Unidos. Ademais de criticar artigos sobre a revolución e os acontecementos políticos de Estados Unidos e Francia, tamén criticou o aforcamento do abolicionista John Brown logo da redada acontecida en Harpes Ferry en Virxinia, e fixo propaganda pola causa abolicionista.

Déjacque foi o primeiro en usar o termo libertario, nunha carta en 1857 criticando a Pierre-Joseph Proudhon, logo de que este criticara ó feminismo polo seu apoio á apropiación individual do traballo e á economía de mercado, decindo: "Non é o produto do seu traballo ó que as ou os traballadores teñen dereito, senón á satisfación das súas necesidades, calquera que sexa a natureza destas".[1]

A súa estadía en Nova York terminou cando as súas posibilidades de traballo se acabaron debido ó descalabro económico producido polo estalido da guerra civil. Volve a Londres e logo a París, onde morre uns anos despois en extrema pobreza.

Segundo Alain Penjam, Déjacque buscaba abolir "a propiedade personal, a propiedade da terra, edificios, fábricas, tendas, e toda propiedade que sexa instrumento de traballo, produción ou consumo,"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]