José Vidal Iborra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Vidal Iborra
Biografía
Nacemento1925 Editar o valor em Wikidata
Alacant, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xaneiro de 2009 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata

José Vidal Iborra, nado en Alacant en 1925 e finado en Madrid o 28 de xaneiro de 2009, foi un xornalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito, compaxinou a súa carreira co xornalismo, e dirixiur Nueva Rioja. Despois foi secretario de redacción do semanario Actualidad Española, redactor xefe da axencia Europa Press. Dirixiu o periódico Cruzada, onde comezou a utilizar os pseudónimos Lisi e Fe. Traballou no diario Las Provincias de Valencia (1958-1962) e fundou a revista Coloquio e foi correspondente en Valencia de Alcázar e Actualidad Económica. O 15 de xullo de 1965 foi nomeado director de El Correo Gallego e La Noche permanecendo no posto ata maio de 1967. Despois foi redactor xefe adxunto do periódico Madrid.

Foi directivo de Seat, ocupando o cargo de agregado ao departamento de prensa e realizador executivo da revista Seat. Finou en Madrid o 28 de xaneiro de 2009.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]