José Figueroa Alcorta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Figueroa Alcorta
Alcorta.jpg
presidente de (país): Flag of Argentina.svg Arxentina
Período de goberno: de 12 de marzo 1906 - 12 de outubro de 1910
Predecesor: Manuel Quintana
Sucesor: Roque Sáenz Peña
Data de nacemento: 20 de novembro de 1860
Lugar de nacemento: Córdoba, Arxentina
Data de falecemento: 27 de decembro, 1931
Local de falecemento: Buenos Aires, Arxentina
Profesión: avogado
Partido político Partido Autonomista Nacional - PAN

José Figueroa Alcorta, avogado, foi o presidente de Arxentina entre 1906 e 1910. Asumiu a presidencia de Arxentina en 1906 ante o falecemento de Manuel Quintana, de quen era vicepresidente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tivo serios problemas para lograr apoio no Congreso, o que finalmente conseguiu en 1908. Buscou un achegamento cos radicais, indultando aos detidos pola tentativa de golpe de estado de 1905 e preparou o camiño para os cambios electorais de Roque Sáenz Pena. Os grupos anarquistas mostráronse activos en numerosos atentados, chegando a matar ao xefe de policía Ramón Falcón, asasinado por un anarquista en 1909 como vinganza pola criminal represión exercida pola policía durante as protestas do 1 de maio.

En relacións internacionais, merecen destacarse as tensións con Brasil.

Durante o seu mandato descóbrese petróleo en Comodoro Rivadavia, no sur arxentino, e se ditou a primeira lei de regulación da explotación. Correspondeulle presidir a celebración do primeiro centenario da Revolución de Maio.

Anos máis tarde, sendo ministro da Corte Suprema de Xustiza, foi o único xuíz que propuxo renunciar como resposta ao golpe de Estado de 1930.


Presidentes de Arxentina

Segue a:
Manuel Quintana
José Figueroa Alcorta
Precede a:
Roque Sáenz Peña
Partido Autonomista Nacional