José Estévez Carrera
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Estévez Carrera, nado en Ponteareas o 8 de maio de 1869 e finado en Madrid o 2 de novembro de 1936[1], foi un avogado e político galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo. Foi administrador da beneficencia en Ourense e foi primeiro auxiliar do bufete do ministro Gabino Bugallal Araujo, que o axudou a conseguir a acta de deputado polo distrito de Ribadavia, en representación do Partido Conservador nas sucesivas eleccións entre 1914 e 1923. Especializado na temática foral, na lexislatura de 1914 formou parte da comisión de concentracións parcelarias. Rexistrador da propiedade, foi subsecretario de Facenda e director xeral da Administración local. Foi asasinado en Madrid o 2 de novembro de 1936.