José Antonio Pereira Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Pereira Gil
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
A Baña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde da Baña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

José Antonio Pereira Gil, nado na Baña o 21 de febreiro de 1974, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na Baña dende 2014, cando tamén foi elixido candidato á alcaldía para as eleccións municipais de 2015. En dita convocatoria foi a segunda forza máis votada con 4 concelleiros, se ben o PPdeG mantivo pola mínima a maioría absoluta e non houbo opción a un goberno alternativo. Nas municipais de 2019 volveu se-lo candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía, mantendo os resultados de 2015 e perdendo o PPdeG a maioría, polo que foi elixido alcalde co apoio dos dous concelleiros de Compromiso por Galicia, gobernando en minoría. En decembro de 2021, os dous edís electos por CxG (logo de abandonar previamente esta formación) apoiaron unha moción de censura que supuxo que o PPdeG recuperase a alcaldía do concello, polo que volveu situarse de novo na oposición. Nas municipais de 2023 mellorou os seus resultados, igualando os 5 concelleiros do PPdeG e quedándose a tan só 19 votos deste, polo que recuperou a alcaldía tras chegar a un acordo coa concelleira do BNG.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. P., O. (15 de xuño de 2023). "El socialista Pereira será alcalde de A Baña, con la nacionalista Mónica González como teniente de alcalde". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Andrés García Cardeso
 
Alcalde da Baña
 
2019 - 2021
Sucesor:
Andrés García Cardeso
Predecesor:
Andrés García Cardeso
 
Alcalde da Baña
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo