Joomla!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Joomla! é un sistema de administración de contidos codigo aberto baixo PHP que é utilizado para publicar na Internet e na intranets. Este sistema utilízase cunha base de datos MySQL. Joomla! contén utilidades como feed RSS, blogs e foros, entre outras.

O seu nome é unha pronunciación fonética da verba suahili jumla que vén a dicir todos xuntos.

A primeira versión do Joomla! (Joomla! 1.0.0) foi publicada no 16 de setembro do 2005. Tratábase dunha versión mellorada do Mambo 4.5.2.3 mesturada con outras modificacións de seguridade e anti-bugs. Posteriormente, os programadores publicaron Joomla! 2.0 baixo un código completamente reescrito e construído baixo PHP 5.

Joomla! esta publicado baixo unha licenza GNU GPL.

Extensións[editar | editar a fonte]

Unha das melloras que ten este CMS é a gran cantidade de extensións programadas que fan tódolos usuarios, e que fan crecer as posibilidades do Joomla! con novas características que se integran de xeito sinxelo no programa. Por exemplo o bot Wikibot permite crear automaticamente de xeito dinámico e sen intervención humana hipeligazóns nos contidos da web que ligan cara artigos da Wikipedia, sempre que existan.

Joomla! en galego[editar | editar a fonte]

O galego é unha das traducións oficiais de Joomla! desde a versión 1.5.11 (2009-06-05). A tradución de dita versión oficial está a ser mantida por Proxecto Trasno.

Versión 2.5

Os ficheiros coa tradución poden ser descargados da da forxa de Joomla! premendo aquí.

Versión 1.5

Pódese atopar tamén traducido, tanto o sitio como a administración, no proxecto Tradución ao galego do Joomla! 1.5 na forxa de mancomún.

Aquí está a extensión para traducir o joomla! 1.5 ao galego. O proxecto está na forxa de joomla! joomlacode (a ultima actualización é do 2008)

Versión 1.0

O Joomla! pódese atopar traducido ó galego na web da CiberIrmandade da fala e tamén tradución dos compoñentes. Nos seus foros, atoparás soporte técnico.


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]