John Lightfoot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Lightfoot, nado en Stoke-on-Trent o 29 de marzo de 1602 e finado o 6 de decembro de 1675, foi un teólogo anglicano e hebraista británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

John Lightfoot foi o fillo de Thomas Lightfoot, vigairo de Uttoxeter, Staffordshire. Educouse en Morton Green nas proximidades de Congleton, Cheshire, e no Christ's College, Cambridge, alí era considerado o mellor orador entre os estudantes. Despois de graduarse deu clases en Repton, Derbyshire. Logo de ordenarse, foi nomeado axudante do párroco de Norton-under-Hales, Shropshire. Baixo a influencia de Sir Rowland Cotton, un hebraista afeccionado, para o que foi capelán ata que este marchou para Londres e Lightfoot aceptou un cargo en Stone, Staffordshire, onde permaneceu por dous anos, e despois foi para Hornsey, preto de Londres, onde foi lector na biblioteca do Sion College.

O seu primeiro traballo publicado foi Erubhin or Miscellanies, Christian and Judaical, que escribiu no seu tempo libre, apareceu en Londres en 1629. En setembro de 1630 Rowland Cotton buscoulle un posto na reitoría de Ashley en Staffordshire, onde permaneceu ata xuño de 1642. Marchou a Londres, probablemente para supervisar a publicación da súa segunda obra, A Few and New Observations upon the Book of Genesis: the most of them certain; the rest, probable; all, harmless, strange and rarely heard of before. Axiña despois da súa chegada a Londres converteuse en ministro da igrexa de St Bartholomew; e en 1643 foi nomeado para predicar o sermón na Cámara dos Comúns con ocasión da festa do 29 de marzo, publicouse co título de Elias Redivivus, the text being Luke 1. 17; in it a parallel is drawn between the John the Baptist's ministry and the work of reformation which in the preacher's judgment was incumbent on the parliament of his own day.

Lightfoot foi un dos membros orixinarios da Asemblea de Westminster, que tiña como misión restruturar a Igrexa de Inglaterra; Lighfoot exerceu unha considerable influencia no comezo das discusións da Asemblea e defendeu a primacía do Estado sobre a lei eclesiástica seguindo as ideas de Thomas Erastus, o seu Journal of the Proceedings of the Assembly of Divines from January 1, 1643 to December 31, 1644 é unha importante fonte histórica para o breve período de tempo que trata.

En 1643 Lightfoot publicou A Handful of Gleanings out of the Book of Exodus e no mesmo ano converteuse en decano de Catharine Hall de Cambridge, e tamén, coa recomendación da Asemblea foi promovido á reitoría de Much Munden en Hertfordshire; permaneceu en ámbolos dous cargos ata a súa morte. En 1644 publicou un anaco dunha obra que non rematou, The Harmony of the Four Evangelists among themselves, and with the Old Testament, with an explanation of the chiefest difficulties both in Language and Sense: Part I. From the beginning of the Gospels to the Baptism of our Saviour. A segunda parte From the Baptism of our Saviour to the first Passover, en 1647, e a terceira, From the first Passover after our Saviour's Baptism to the second, en 1650. O 26 de agosto de 1645 de novo leu o sermón diante a Cámara dos Comúns. En 1654 foi elixido vicechanceler da Universidade de Cambridge. Axudou a Brian Walton na realización da súa Biblia Políglota (1657) e publicou o seu traballo máis coñecido Horae Hebraicae et Talmudicae entre 1658 e 1674. Postumamente apareceu Horae Hebraicae et Talmudicae impensae in Acta Apostolorum et in Ep. S. Pauli ad Romanos.