Deborah Kerr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deborah Kerr
Deborah Kerr in colour Allan Warren.jpg
Kerr en 1973
Nacemento Deborah Jane Kerr-Trimmer
30 de setembro de 1921
Glasgow, Escocia
Falecemento 16 de outubro de 2007
Botesdale, Suffolk
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Profesión Actriz
Cónxuxe(s) Anthony Bartley (1945-1959)
Peter Viertel (1960-2007)
Ficha na IMDb

Deborah Jane Kerr-Trimmer, nada en Glasgow o 30 de setembro de 1921 e finada en Botesdale, Suffolk o 16 de outubro de 2007 foi unha actriz británica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse no mundo artístico como bailarina de ballet, para logo pasar á interpretación, sendo a súa primeira profesora a súa tía Phyllis Smale.

Debutou no teatro en 1937, nunha obra de mimo, Harlequin and Columbine, mais non actuou en Broadway ata 1953, cando xa era unha actriz cinematográfica recoñecida.

En 1940 interveu por primeira vez nun filme, pero as súas escenas foros eliminadas na montaxe final. A súa interpretación en Black Narcissus chamou a atención dos produtores de Hollywood, comezando a súa carreira no cinema estadounidense. Aínda que o seu acento británico a levou inicialmente a papeis de damas sofisticadas, a partir de From Here to Eternity tivo máis oportunidades de demostrar a súa versatilidade.

A partir de 1969, debido aos papeis que lle ofrecían, abandonou o cinema a favor da televisión e o teatro.

Aínda que nunca gañou un Oscar, un premio BAFTA ou o premio de interpretación no Festival de Cannes, as tres organizacións déronlle premios honoríficos, en 1994, 1991 e 1984, respectivamente.

Finou en 2007, vítima dos efectos da enfermidade de Parkinson.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título
1941 Major Barbara
Love on the Dole
1942 Penn of Pennsylvania]
Hatter's Castle
The Day Will Dawn
1943 The Life and Death of Colonel Blimp
1945 Perfect Strangers
1946 I See a Dark Stranger
1947 Black Narcissus
The Hucksters
If Winter Comes
1949 Edward, My Son
1950 Please Believe Me
King Solomon's Mines
1951 Quo Vadis
1952 The Prisoner of Zenda
Thunder in the East
1953 Young Bess
Julius Caesar
Dream Wife
From Here to Eternity
1955 The End of the Affair
1956 The Proud and Profane
The King and I
1957 Heaven Knows, Mr. Allison
An Affair to Remember
1958 Bonjour Tristesse
Separate Tables
1959 The Journey
Count Your Blessings
Beloved Infidel
1960 The Sundowners
The Grass Is Greener
1961 The Naked Edge
The Innocents
1964 The Chalk Garden
The Night of the Iguana
1965 Marriage on the Rocks
1966 Eye of the Devil
1967 Casino Royale
1968 Prudence and the Pill
1969 The Gypsy Moths
The Arrangement
1982 Witness for the Prosecution
1984 A Woman of Substance
1985 The Assam Garden
Reunion at Farnborough
1986 Hold the Dream

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deborah Kerr Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]