Johan Nygaardsvold
Johan Nygaardsvold, nado en 1879 e finado en 1952, foi un político que ocupou o cargo de primeiro ministro de Noruega entre o 1935 e o 1945.
Traxectoria [editar]
Nado no pobo de Hommelvik, Nygaardsvold enmigrou para Canadá e despois para os Estados Unidos de América, países onde traballou na industria de madeira. Volveu a Noruega en 1907, ingresou no Partido Laborista o 1910, e foi elixido para o parlamento por primeira vez o 1916. Foi ministro da agricultura o 1928. O 1935 foi convidado para formar un novo goberno que funcionou en Oslo até 9 de abril de 1940, día en que Noruega caeu baixo a ocupación alemá. Nygaardsvold exiliouse en Londres, dende onde gobernou. Co final da Segunda Guerra Mundial, el volveu a Oslo o 31 de maio de 1945. O 26 de xuño do mesmo ano, renunciou.
Nygaardsvold permaneceu na política até o 1949. O 1952, morreu de cancro.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Stortinget.no – Johan Nygaardsvold (biografía) na páxina do Parlamento noruegués. (en noruegués)