Joaquín Urzáiz Cadaval
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Urzáiz Cadaval, nado en Nigrán o 15 de setembro de 1887 e finado en Madrid o 11 de outubro de 1957, foi un funcionario, político e diplomático galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo de Ángel Urzáiz Cuesta. Traballou como avogado do Estado, e en 1916 foi elixido deputado do Partido Liberal ao Congreso pola provincia de Huelva, e en 1918 polas Illas Canarias. Nas eleccións xerais de 1936 foi elixido de novo por Huelva, desta volta pola Derecha Liberal Republicana. Foi Ministro de Estado entre o 30 de decembro de 1935 e o 19 de febreiro de 1936.
| Predecesor: José Martínez de Velasco |
Ministro de Estado de España 1935 - 1936 |
Sucesor: Augusto Barcia Trelles |