Joana Amaral Dias
Nome orixinal | (pt) Joana Beatriz Nunes Vicente Amaral Dias Pinto |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (pt) Joana Beatriz Nunes Vicente Amaral Dias 13 de maio de 1973 (50 anos) Luanda |
Deputado da Asemblea da República de Portugal | |
23 de xaneiro de 2003 – 1 de agosto de 2003 Lexislatura: IX Legislatura da Terceira República Portuguesa (pt) Circunscrición electoral: Lisboa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Educación | Universidade de Coímbra |
Actividade | |
Ocupación | psiquiatra , política |
Partido político | Bloco de Esquerda |
Lingua | Lingua portuguesa |
Familia | |
Pai | Carlos Amaral Dias (pt) |
Joana Beatriz Nunes Vicente Amaral Dias, nada en Luanda, o 13 de maio de 1975, é unha psicóloga e política portuguesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla do médico psicanalista e psiquiatra Carlos Amaral Días e da súa primeira dona Teresa Maria de Castro Nunes Vicente, é licenciada en psicoloxía pola Universidade de Coímbra, onde realizou o mestrado en psicoloxía clínica do desenvolvemento. É asistente no Instituto Superior de Psicoloxía Aplicada, en Lisboa.
Participa semanalmente no programa Directo ao Asunto e regularmente no programa de debates Viceversa, ambos os da canle de información RTPN, alén de asinar unha columna no Correo da Mañá e dominicalmente na revista Vidas, pertencente ao mesmo xornal, escribe sobre cinema. É unha das comentaristas permanentes do programa "Banho de Bóla" da Abola TV.
Militante do Bloco de Esquerda foi Deputada na Asemblea da República por esa formación entre 2002 e 2005. En 2006, apoiou a Mário Soares nas eleccións presidenciais portuguesas de 2006 como mandataria nacional da súa candidatura malia seguir formando parte do BE[1] , o que levou a fortes críticas de diversos dirixentes da súa formación.[2] En maio de 2014 Joana Amaral Días deixou o Bloco de Esquerda, e dous días despois participou como oradora nunha convención do Partido Socialista, convidada polo dirixente António Costa. A fins de ano entrou no movemento "Junto Podemos" que abandonou en marzo de 2015 para constituír o grupo político Agir, co que se presenta en coalición co Partido Trabalhista Português e o Movimento Alternativa Socialista ás eleccións lexislativas de outubro de 2015.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Francisco Almeida Leite "BE junta-se a nós na segunda volta". Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Diário de Notícias, 9 de decembro de 2005.
- ↑ "Pedro Correia. "Bloquistas criticam Joana Amaral Dias e Louçã". Diário de Notícias, 24 de setembro de 2005". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2015.