Sandro Rosell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosell en 2010.

Alexandre Rosell i Feliu, coñecido como Sandro Rosell, nado en Barcelona o 6 de marzo de 1964, é un empresario catalán que foi presidente do Futbol Club Barcelona entre 2010 e 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É diplomado en Ciencias Empresariais e MBA por ESADE. Empezou a súa vida profesional na empresa Myrurgia, pasando posteriormente ao departamento de mercadotecnia internacional do Comité Organizador dos Xogos Olímpicos de Barcelona'92 (COOB 92). Foi vicepresidente do Futbol Club Barcelona entre 2003 e 2005. É propietario da empresa Bonus Sports Mercadotecnia, S.L. (BSM) dedicada á mercadotecnia deportiva.

Convértese no 39º presidente do Futbol Club Barcelona o 1 de xullo de 2010, logo de gañar as eleccións cun 61,35% de votos dos socios do club. Durante a súa presidencia o equipo conseguiu dúas Ligas (2010-11, 2012-13), unha Copa do Rei (2011-12), tres Supercopas de España (2010, 2011, 2013), unha Liga de Campións (2010-11), unha Supercopa de Europa (2011) e un Mundial de Clubs (2011).

O 23 de xaneiro de 2014, Sandro Rosell renuncia ao seu cargo pola admisión a trámite do xuíz Ruz da querela por apropiación indebida en modalidade de distracción e por simulación contractual no traspaso de Neymar.[1] Foi substituído no cargo polo entón vicepresidente do club, Josep Maria Bartomeu.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Joan Laporta
Presidente do FC Barcelona
2010-2014
Sucesor:
Josep Maria Bartomeu