Jesús López Castiñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús López Castiñeira
Biografía
Nacemento1890 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de setembro de 1964 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista , dramaturgo Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioEl Terrible López
Santón de la Puntilla Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosefina López de Serantes, Águeda de Vianney Editar o valor em Wikidata


Jesús López Castiñeira, nado en Lugo en 1890 e finado na Coruña o 10 de setembro de 1964,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou na fundición de Julio Wonenburger e despois na Sociedad Española de Construcciones Metálicas. Emigrou aos Estados Unidos, e en Nova York traballou na Mapos Central Sugar Co., empresa coa que estivo destinado un tempo en Cuba. Foi secretario do Centro Andaluz de Nova York, onde exerceu tamén de animador cultural e participou como actor en diversas representacións.

Como xornalista colaborou na revista semanal barcelonesa La Tribuna, cos pseudónimos de El Terrible López e Santón de la Puntilla. Escribiu unha obra teatral, o xoguete cómico Misticismo y Flamenquismo (1919) e os artigos “Brujerías” (1913), “El Gobernador de la Tierra” (1914), “El Paraíso Perdido” (1915) e “Los náufragos del Potomac” (1915), así como os poemas “La Niña de los ojos de color del cielo” (poemita, 1914), “A S.M. Julia I” (1914) e a canción“¡Se la llevaron!” (1916).

Entrou en bancarrota, e logrou regresar a Galicia, onde casou coa súa moza Josefina González Canosa. Foi pai das escritoras Josefina López de Serantes e María Teresa López González, que asinaba co pseudónimo de Águeda de Vianney. Tivo outra filla chamada Carmen, morta con sete meses.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoja Oficial del Lunes, 14-9-1964, p. 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]