Jerzy Kuryłowicz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jerzy Kuryłowicz, nado en Stanisławów (daquela en Austria-Hungría, hoxe, cidade de Ivano-Frankivsk, Ucraína), o 26 de agosto de 1895 e finado en Cracovia o 28 de xaneiro de 1979, foi un lingüista polonés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi especialista en linguas indoeuropeas e en linguas semíticas. Fíxose célebre polo seu descubrimento das laringais en hitita naquelas palabras onde foran previstas pola teoría de Saussure sobre a apofonía indoeuropea.

É coñecido polos seus traballos sobre a apofonía e a analoxía.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kuryłowicz, J., 1936. Derivation lexicale et derivation syntaxique. Kuryłowicz, J.,1960, 41-50.
  • Kuryłowicz, J., 1938. Struktura morfemu. Kuryłowicz, J., 51-65.
  • Kuryłowicz, J., 1949a. La nature des proces dits ’analogiques’. Acta Linguistica 5:121-38.
  • Kuryłowicz, J., 1949b. La notion de l’isomorphisme. Kuryłowicz, J., 1960, 16-26.
  • Kuryłowicz, J., 1949c. Le probleme du classement des cas. Kuryłowicz, J., 1960, 131-154.
  • Kuryłowcz, J., 1960. Esquisses linguistiques. Wrocław – Kraków, Polska Akademia Nauk.