Ferdinand de Saussure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Saussure»)
Infotaula de personaFerdinand de Saussure

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1857 Editar o valor em Wikidata
Xenebra (Suíza) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de febreiro de 1913 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Vufflens-le-Château (Suíza) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Leipzig - Doutoramento (1876–1880)
Universidade de Xenebra (1875–1876)
Collège Calvin Editar o valor em Wikidata
Tese académica' (1881 Editar o valor em Wikidata)
Actividade
Campo de traballoLinguística estrutural (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Xenebra (1891–1913)
École pratique des hautes études (1880–1891) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresHeinrich Zimmer (pt) Traducir, Hermann Oldenberg (pt) Traducir, Georg Curtius, Henri-Frédéric Amiel (pt) Traducir, Alexis Giraud-Teulon (pt) Traducir e Hugues Oltramare (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAlbert Sechehaye (pt) Traducir e Louis Duvau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e Lingua alemá de Suíza Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FamiliaDe Saussure (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMarie Faesch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosRaymond de Saussure (pt) Traducir, Jacques de Saussure (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiHenri Louis Frédéric de Saussure Editar o valor em Wikidata
IrmánsRené de Saussure (pt) Traducir e Léopold de Saussure (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1015173 WikiTree: De_Saussure-53
Ferdinand de Saussure.

Ferdinand de Saussure, nado en Xenebra o 26 de novembro de 1857 e morto no castelo de Vufflens-sur-Morges o 22 de febreiro de 1913, foi un lingüista suízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Está considerado o fundador da lingüística moderna[Cómpre referencia]. No seu Cours de linguistique générale (1916) (Curso de lingüística xeral), publicado tras a súa morte polos seus alumnos, define certos conceptos fundamentais (distinción entre linguaxe, lingua e fala, entre sincronía e diacronía, carácter arbitrario do signo lingüístico etc.) que han inspirar non só a lingüística ulterior senón tamén outros sectores das ciencias humanas.

A partir das súas observacións sobre certos fenómenos do grego e o sánscrito nace o que se había de converter na teoría das laringais, tan importante no campo da indoeuropeística.

Ideas[editar | editar a fonte]

  • Saussure distingue a linguaxe (facultade de utilizar unha lingua), a lingua (conxunto de signos utilizados por unha comunidade. Ex.: o galego, o francés, o inglés) e a fala (enunciados dun interlocutor nunha lingua dada).
  • Teoría do signo como asociación pola mente dun significante (imaxe mental, visual ou acústica dunha palabra) e dun significado (concepto, é dicir representación mental dunha cousa). (Ver signo lingüístico.)
  • A linguaxe recorta simultaneamente un significante na masa informe dos sons e un concepto na masa informe das percepcións.
  • A linguaxe ten unha dimensión sincrónica (relacións entre os signos nun momento dado) e unha dimensión diacrónica (evolución dos signos no curso do tempo).
  • Todo signo é definido por relación cos outros, por pura diferenza (negativamente) e non polas súas características propias ("positivas"): é o carácter estrutural da lingüística saussuriana. Esta idea está na orixe do estruturalismo e da filosofía de Derrida.
  • A relación entre o significante e o significado é arbitraria; iso é o que distingue o signo do símbolo (a balanza que simboliza a xustiza esta ligada conceptualmente a ela, contrariamente á palabra «gato» ligada a un animal felino que miaña).

Ferdinand de Saussure e a lingua galega[editar | editar a fonte]

As edicións Laiovento publicaron no 2005 unha tradución de Xosé Manuel Sánchez Rei en galego do Curso de lingüística xeral. A publicación leva notas e un estudo introdutorio do tradutor. Neste estudo danse datos entre o curso de Saussure e a lingua e lingüística galegas.

  • Ferdinand de Saussure (2005). Curso de lingüística xeral. Ediciòns Laiovento. ISBN 84-8487-077-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]