Jerry Lee Lewis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jerry Lee Lewis

Jerry Lee Lewis nado o 29 de setembro de 1935) en Ferriday, Luisiana é un cantante de rock and roll norteamericano, pioneiro do rock and roll e especificamente do rockabilly, converténdose no prototipo de cantante branco rock.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou como pianista de música relixiosa. Deu o paso ó novo estilo e en 1954 gravou o seu primeiro disco. Contratado pola compañía de Memphis que lanzara a Elvis Presley, a xa célebre Sun Records, en 1957 gravou os exitosos "Greats balls of fire" e "Whole lot a shakin' going on". Estes singles chegaron ao posto número 2 e o número 3 da Bilboard Hot 100. Hoxe son dous clásicos do rock and roll. Compartiu escenario con outros mitos do primeiro rock and roll como Chuck Berry. O seu estilo agresivo (chegou a queimar o seu piano no escenario) valeulle o alcume de killer.

A súa carreira truncouse en 1958 por mor do escándalo do seu casamento cunha rapaza de 13 anos (en realidade a súa terceira muller).

A finais dos sesenta recobrou certa notoriedade no eido do country con éxitos como To make love sweeter for you. En 1972 con Chantilly Lace e Think about it darling acadou novamente os primeiros postos nese estilo.

Recuperou a fama mundial coa película biográfica Great Balls of fire (1989) protagonizada polo actor Dennis Quaid e baseada no libro da súa ex muller Myra.