Jeff "Swampy" Marsh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marsh no Salón Internacional de Banda Deseñada de San Diego en 2009

Jeff "Swampy" Marsh, nado o 9 de decembro de 1960 en Santa Monica (California), é un director de televisión, produtor, realizador de storyboards e actor de voz estadounidense relacionado con varias series de animación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou no mundo da animación traballando realizando fondos de animación[1] na serie The Simpsons. Entre 1993 e 1996 foi escritor e director na serie A vida moderna de Rocko, onde coincidiu con Dan Povenmire, con quen xa traballara nos Simpsons, e xuntos concibiron nesa época a serie Phineas and Ferb[2] que presentaron a varias cadeas que a rexeitaron. En 1996 estableceuse en Londres, traballou en varias series de animación como O carteiro Pat e Bounty Hamster. En 2005 Dan Poverine presentou Phineas and Ferb á Disney que pediu a reallización dun episodio piloto de 11 minutos[3], logo despois de contactar con Marsh este volve aos Estados Unidos para a realización do episodio, tras velo danlle o plácet para realizaren 26 episodios[4], emitíndose finalmente o piloto o 17 de agosto de 2007 que viron 10.8 millóns[5] de espectadores en Disney Channel, a serie emítese regularmente a partir do 1 de xaneiro de 2008, Swampy ademais de produtor executivo dálle voz ao personaxe do Major Francis Monogram.

Notas[editar | editar a fonte]