Jean Claude Van Damme
Atención: Este artigo precisa dun traballo de revisión.
|
Jean Claude Van Damme é un artista marcial e actor de cine de acción americano de orixe belga.
[editar] Biografía
Jean Claude Van Damme nado coma Jean-Claude Camille François Van Varenberg o 18 de outubro de 1960, é un actor de orixe belga coñecido polas seus filmes de acción. A súa orixe belga valeulle o alcume d' Os Músculos De Bruxelas.
Van Damme obtivo a súa primeira fama gañando unha serie de campionatos europeos de karate.
A súa primeira aparición na pantalla e na película de 1984 Monaco Forever. Porén, o seu primeiro papel importante e na película de 1985 Retroceder Nunca, Rendirse Jamas, na que interpretaba a Ivan Krushensk, protagonizada tamén por Kurt McKinney. Foi contratado para interpretar o monstro en Depredador. Vestir un traxe moi pesado na xungla era moi duro e Van Damme estaba descontento co seu papel. Non esta claro como deixou a película, algúns din que marchou, outros din que foi substituído cando foi revisado o personaxe. Van Damme di que se despediu intencionadamente para poder facer outras películas. O papel de Van Damme en Contacto Sangriento valeulle unha nominación como "Peor Nova Estrela" nos Golden Raspberry Awards de 1988 nos que perdeu.
Van Damme fixo o seu camiño primeira liña de Hollywood nos anos 90, acotío traballando con afamados directores estranxeiros. Filmes memorables inclúen Doble Impacto (1991), Soldado Universal (1992), [[Sin Escape]] (1993), Blanco Humano (1993), e o seu filme máis apreciado pola crítica, Timecop (1994). Na maioría dos seus filmes, interpreta a un loitador, policía, ou soldado.
A finais dos anos 90, a súa carreira comezou a decaer, con todo continuou facendo películas menores, a miúdo estreadas directamente en vídeo. As súas películas recadaron ó redor de 650 millóns de dólares en todo o mundo, dándolle un lugar no cinema de acción con outros coma Steven Seagal e Chuck Norris.
Tivo problemas coa cocaína e tamén se lle asume un trastorno bipolar. Casou cinco veces incluíndo dúas veces coa súa esposa actual Gladys Portugues.
No 1998, Van Damme e o seu antigo gardacostas Chuck Zito víronse envoltos nunha loita a puñadas nun bar de striptease de New York chamado Scores. Ao parecer, Van Damme dixo algo negativo sobre Zito mentres estaba borracho, e Zito enfrontouselle e empezou a golpear ao seu xefe. Este suceso volveuse notorio nas noticias e resultou un escándalo para o actor.
[editar] Filmografía
As películas levan o título co cal foron estreadas na Galicia.
- -- Forever (1984)
- -- Retroceder Nunca, Rendrse Jamas (No Retreat, No Surrender) (1985)
- -- Black Eagle (1988)
- -- Contacto Sangriento (Bloodsport) (1988)
- -- Cyborg (1989)
- -- Kickboxer (1989)
- -- Lionheart: El Luchador (Lionheart) (1990)
- -- Libertad Para Morir (Death Warrant) (1990)
- -- Doble Impacto (Double Impact) (1991)
- -- Soldado Universal (Universal Soldier) (1992)
- -- Sin Escape (Nowhere to Run) (1993)
- -- El Último Gran Heroe (Last Action Hero) (1993) Cameo
- -- Blanco Humano (Hard Target) (1993)
- -- Timecop (1994)
- -- Street Fighter (1994)
- -- Muerte Súbita (Sudden Death) (1995)
- -- The Quest: En Busca De La Ciudad Perdida (The Quest) (1996)
- -- Máximo Riesgo (Maximum Risk) (1996)
- -- Double Team (1997)
- -- Knock Off (1998)
- -- Legionario (Legionnaire) (1998)
- -- Soldado Universal 2: El Retorno (Universal Soldier: The Return) (1999)
- -- Van Damme's Inferno (Desert Heat) (1999)
- -- Replicant ( 2001)
- -- The Order (2001)
- -- Sin Control (Derailed) (2002)
- -- In Hell (2003)
- -- Narco (2004)
- -- Justa Venganza (Wake of Death) (2004)